Unha vez finalizado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 14A (bombeiro/a forestal condutor), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 94, do 21 de maio), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 14A (bombeiro/a forestal condutor), correspondente ao grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. As persoas nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados no anexo disporán do prazo dun mes para tomaren posesión dos seus destinos, de conformidade co disposto no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día 1 de outubro de 2021.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública