Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben quie a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 16 de marzo 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución e data

36032908G

3600730-I/09

Extinción 12.5.2021

Y3117415D

3600583-I/18

Extinción 20.4.2021

33265067Y

3600307-I/19

Denegación 10.5.2021

X6186061G

3600632-I/19

Denegación 28.1.2021

55146783M

3600454-I/20

Suspensión 12.3.2021

45959470L

3600068-I/21

Denegación 30.4.2021

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución e data

35937906S

3600553-X/07

Extinción 12.2.2021

72757515M

3600330-X/21

Denegación 10.5.2021