Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35684

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2021, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada pola Resolución do 14 de outubro de 2020 (DOG núm. 212, do 21 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición para as persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19, terá lugar o día 15 de xullo de 2021, ás 16.00 horas, no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela.

Lémbraselles ás persoas aspirantes que os criterios de corrección, valoración e superación deste primeiro exercicio xa foron establecidos pola Resolución deste tribunal do 30 de xuño de 2021.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021

Vanessa Cal Ríos
Presidenta do tribunal