Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35407

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 12 de xullo de 2021 pola que se modifica a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

O pasado 11 de xuño de 2021, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde da Consellería de Emprego e Igualdade, do 9 de xuño de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Nas referidas bases, facendo uso da habilitación conferida á Comunidade Autónoma polo artigo 3.5 da Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19, na súa redacción dada polo Real decreto lei 6/2021, do 20 de abril, polo que se adoptan medidas complementarias de apoio ás empresas e autónomos afectados pola pandemia de COVID-19, estableceuse que poderían ser beneficiarias das axudas non só as persoas traballadoras autónomas e empresas incluídas no anexo I daquel, se non ademais calquera outra, coa condición de que tivesen unha caída no volume de operacións de polo menos o 40 % no ano 2020 en relación co ano 2019, coa soa excepción das empresas dedicadas a actividades financeiras.

Por outra banda, no artigo 9, estableceuse un prazo de presentación de solicitudes desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021.

Practicamente rematado o prazo de presentación de solicitudes, constátase que se ten presentado un número moi reducido de solicitudes, se se compara coas presentadas nos dous anteriores plans de rescate.

Á vista deses datos, e co fin de poder acadar os obxectivos de apoio á solvencia empresarial do sector privado previstos polo Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, logo das reunións celebradas cos axentes sociais e económicos no seo do Diálogo Social de Galicia, e coas asociacións máis representativas do colectivo de persoas autónomas na Mesa do Emprego Autónomo, unido ao grao de afectación o conxunto de tecido empresarial de Galicia causado pola pandemia da COVID-19, así como a experiencia obtida nos dous plans rescate da Xunta de Galicia anteriores dirixidos a persoas autónomas e microempresas, así como a sectores especialmente paralizados, ademais da peculiaridade de que o 97 % do tecido produtivo de Galicia está constituído por persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas, con especial peso en todos os sectores vencellados á agricultura, pesca, industria e servizos, o elevado número de entidades singulares de poboación existentes en Galicia, así como a dispersión poboacional, xunto aos efectos dos múltiples peches perimetrais dos concellos, decretados pola autoridade sanitaria galega, atópase debidamente xustificada o considerar particularmente afectados pola pandemia no eido do territorio de Galicia a totalidade das actividades que se clasifican nos códigos da Clasificación de Actividades Económicas-CNAE09 non incluídos no anexo I do referido Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, sempre e cando tivesen unha caída no volume de operacións superior ao 30 % no ano 2020 en relación co ano 2019, así como todas as persoas profesionais e empresarias que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas, aos que se considera que se atopan particularmente afectados pola pandemia pola mera tenencia das débedas definidas no artigo 1.3 do referido Real decreto lei, con independencia da porcentaxe de caída do volume de operacións, quedando excluídas, en calquera caso, as actividades financeiras.

Deste xeito modifícanse todas as referencias á porcentaxe da caída do volume de operacións do 40 %, contidas nas bases da convocatoria e nos seus anexos, substituíndoa pola da caída dunha porcentaxe superior ao 30 % do volume de operacións, agás para as persoas profesionais e empresarias que apliquen o réxime de estimación obxectiva que estarán exentas do cumprimento deste requisito.

Igualmente establécese con máis detalle, en cada programa, cales son os gastos subvencionables.

Consecuentemente con todo o anterior, e tendo en conta as novas condicións, establécese un novo prazo de presentación de solicitudes fixándoo ata o día 30 de setembro de 2021.

Por todo iso, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada da Consellería de Emprego e Igualdade, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021

Modifícase a Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, que queda modificada como segue:

Un. O parágrafo 4 da exposición de motivos queda redactado do seguinte xeito:

«O Real decreto lei 6/2021, do 20 de abril, incorpora a excepcionalidade de habilitar as Comunidades Autónomas para que poidan conceder axudas a outras persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas, particularmente afectados no seu ámbito territorial, que se clasifiquen no Código Nacional de Actividades Económicas (en adiante, CNAE) que non estaban incluídos no anexo I Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo. Tendo en conta esta habilitación, a Comunidade Autónoma de Galicia, dado o grao de afectación do conxunto do tecido empresarial de Galicia causado pola pandemia da COVID-19, e tras as xuntanzas mantidas no seo do Diálogo Social e na Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, e tendo en conta a experiencia obtida nos dous plans rescate da Xunta de Galicia anteriores dirixidos a persoas autónomas e microempresas así como a sectores especialmente paralizados, unido á peculiaridade de que o 97 % do tecido produtivo de Galicia está constituído por persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas, con especial peso en todos os sectores vencellados á agricultura, pesca, industria e servizos, o elevado numero de entidades singulares de poboación existentes en Galicia, así como a dispersión poboacional, xunto aos efectos dos múltiples peches perimetrais dos concellos, decretados pola autoridade sanitaria galega, atópase debidamente xustificada o considerar particularmente afectados pola pandemia no eido do territorio de Galicia a totalidade das actividades que se clasifican nos códigos da Clasificación de Actividades Económicas-CNAE09 non incluídos no anexo I do referido Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, sempre e cando tivesen unha caída no volume de operacións de polo o 30 % no ano 2020 en relación co ano 2019, así como todas as persoas profesionais e empresarias que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas, aos que se considera que se atopan particularmente afectados pola pandemia pola mera tenencia das débedas definidas no artigo 1.3 do referido Real decreto lei, con independencia da porcentaxe da caída do volume de operacións, quedando excluídas, en calquera caso, actividades financeiras».

Dous. As alíneas b), e d) do punto 1 do artigo 6 quedan redactadas do seguinte xeito:

«b) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas que exerzan unha actividade económica que non estea incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo».

«d) Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica que non estea incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre o valor engadido ou tributo indirecto equivalente de máis dun 30 % no ano 2020 respecto do ano 2019».

Tres. O artigo 9, queda redactado do seguinte xeito:

«Artigo 9. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 30 de setembro de 2021 ambos inclusive».

Catro. A alínea 5 do apartado 3 do artigo 10, queda redactada do seguinte xeito:

«– Ter unha caída do volume de operacións de mais dun 30 % no ano 2020 respecto do 2019, no caso de desenvolver unha actividade económica que non estea incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo».

Cinco. Engádese un novo parágrafo ao final da alínea b) do punto 1 do artigo 11, que queda redactada do seguinte xeito:

«Están exentas de presentar a documentación a que se refire a presente alínea b) as persoas empresarias e profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas».

Seis. A alínea d) punto 3 do artigo 14 queda redactada do seguinte xeito:

«d) Documento acreditativo do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración , no imposto sobre o valor engadido e, se for o caso, no imposto xeral indirecto canario no 2019 e 2020, se o dito volume de operacións en 2020 caeu máis dun 30 % con respecto o 2019 e a porcentaxe da caída no caso de desenvolver actividades que non se atopen incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo (modelo 303, 390 e 322 (para grupos) dos exercicios 2019 e 2020, así como IGIC, se for o caso)».

Sete. A alínea c) do punto 1 do artigo 28 queda redactada do seguinte xeito:

«Os pagamentos deben estar pendentes o 31 de maio de 2021 aínda que xa estivesen realizados na data de presentación da solicitude».

Oito. Engádense tres novos parágrafos ao punto 3 do artigo 28 coa seguinte redacción:

«No caso de préstamos ou pólizas de crédito constituídos entre os días 1 de marzo de 2020 e 12 de marzo de 2021, ambos inclusive, o pagamento poderá abranguer as cuotas correspondentes ao período comprendido entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive, ou, no suposto de que o contrato prevexa a posibilidade de amortización ou cancelación anticipada, o pagamento poderá abranguer a totalidade da débeda pendente derivada do referido préstamo ou póliza de crédito.

No caso de pólizas de crédito constituídas con anterioridade ao 1 de marzo de 2020, o pagamento poderá comprender os importes dispostos entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive.

Así mesmo no caso de créditos constituídos con anterioridade ao 1 de marzo de 2020, o pagamento poderá comprender, as cotas pendentes de pagamento correspondentes ao período comprendido entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive».

Nove. O punto 2 do artigo 29 queda redactado do seguinte xeito:

«2. Desenvolver unha actividade económica comprendida en calquera código de Clasificación Nacional de Actividades Económicas – CNAE09-».

Dez. O punto 3 do artigo 29 queda sen contido

Once. A alínea c) do punto 3 do artigo 32 queda redactada do seguinte xeito:

«Os pagamentos deben estar pendentes o 31 de maio de 2021 aínda que xa estivesen realizados na data de presentación da solicitude».

Doce. Engádense tres novos parágrafos ao punto 3 do artigo 32 coa seguinte redacción:

«No caso de préstamos ou pólizas de crédito constituídos entre os días 1 de marzo de 2020 e 12 de marzo de 2021, ambos inclusive, o pagamento poderá abranguer as cuotas correspondentes ao período comprendido entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive, ou, no suposto de que o contrato prevexa a posibilidade de amortización ou cancelación anticipada, o pagamento poderá abranguer a totalidade da débeda pendente derivada do referido préstamo ou póliza de crédito.

No caso de pólizas de crédito constituídos con anterioridade ao 1 de marzo de 2020, o pagamento poderá comprender os importes dispostos entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive.

Así mesmo no caso de créditos constituídos con anterioridade ao 1 de marzo de 2020, o pagamento poderá comprender as cotas pendentes de pagamento correspondentes ao período comprendido entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive».

Trece. A alínea a) punto 1 do artigo 33 queda redactada do seguinte xeito:

«a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de mais dun 30 %».

Catorce. A alínea c) do punto 3 do artigo 36 queda redactada do seguinte xeito:

«Os pagamentos deben estar pendentes o 31 de maio de 2021 aínda que xa estivesen realizados na data de presentación da solicitude».

Quince. Engádense tres novos parágrafos ao punto 3 do artigo 36 coa seguinte redacción:

«No caso de préstamos ou pólizas de crédito constituídos entre os días 1 de marzo de 2020 e 12 de marzo de 2021, ambos inclusive, o pagamento poderá abranguer as cuotas correspondentes ao período comprendido entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive, ou, no suposto de que o contrato prevexa a posibilidade de amortización ou cancelación anticipada, o pagamento poderá abranguer a totalidade da débeda pendente derivada do referido préstamo ou póliza de crédito.

No caso de pólizas de crédito constituídas con anterioridade ao 1 de marzo de 2020, o pagamento poderá comprender os importes dispostos entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive.

Así mesmo no caso de créditos constituídos con anterioridade ao 1 de marzo de 2020, o pagamento poderá comprender as cotas pendentes de pagamento correspondentes ao período comprendido entre os días 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021, ambos inclusive».

Dezaseis. A alínea a) punto 1 do artigo 37 queda redactada do seguinte xeito:

«a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de mais dun 30 %».

Disposición derradeira primeira. Anexos

A actualización dos anexos, para adaptalos á modificación operada pola presente orde, realizarase mediante a súa publicación na sede electrónica da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade