José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente edicto, anuncio:
No presente procedemento de xuízo verbal 504/2020, seguido por instancia da Fundación de Estudos e Análises (Fesan), representada pola procuradora Rita Goimil Martínez fronte á Herdanza Xacente e Descoñecidos e Incertos Herdeiros de María Isabel Carballo Diaz, ditouse a Sentenza número 26/2021, do 17 de febreiro de 2021.
E encontrándose a demandada en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación na forma, queda o contido da sentenza na Secretaría deste xulgado.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021
O letrado da Administración de xustiza