Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO da oferta pública de emprego para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Resolución da Alcaldía do 21 de xuño de 2021 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do ano 2021, correspondente á/ás praza/s que a continuación se apuntan, modalidade acceso libre, sistema selectivo concurso-oposición:

Código

Denominación

Tipo réxime xurídico

Corpo, escala ou categoría

Grupo

Número de dotacións

PT010

Auxiliar administrativo

Funcionarial

Escala Administración xeral

Subescala auxiliar

C2

1

PT014PT015

PT016PT017

Auxiliar de axuda no fogar

Laboral

Escala Administración especial

Subescala servizos especiais

Clase persoal oficios

C2/AP

4

PT005

Educador/a familiar

Funcionarial

Escala Administración especial

Subescala técnica

Clase técnicos medios

A2

1

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Alfoz do ano 2021, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor recurso de reposición potestativo non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Alfoz, 21 de xuño de 2021

Jorge Val Díaz
Alcalde presidente