Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume, fase III, colectores xerais, Cabanas (A Coruña) OH.315.1074 (expediente OH.715.1196).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Cabanas (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume. Fase III. Colectores xerais. Cabanas (A Coruña) OH.315.1074. Clave do expediente: OH.715.1196.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 70.958,09 euros. Importe total: 85.859,29 euros.

8. Valor estimado do contrato: 70.958,09 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 15 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e, en aplicación destes, seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 34 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 12 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 5 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 25 de febreiro de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 14.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 10.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 9 de marzo de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Ingeniería del Noroeste, S.L.

14.2. NIF: B15128838.

14.3. Enderezo: rúa Picaños, 44 baixo. 15702 Santiago de Compostela.

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 609 04 60 21.

14.6. Fax: 981 57 21 23.

14.7. Correo electrónico: info@ingenieriadelnoroeste.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 51.450,00 euros. Importe total: 62.254,50 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

O obxecto desta contratación será cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Esta actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos», prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos», obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga», actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume». Unha maneira de facer Europa.

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15781.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 21 de agosto de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 25 de febreiro de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 10 de marzo de 2021.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia