Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 35972

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 2 de xullo de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

BDNS (Identif.): 565561.

De conformidade co previsto no artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro.

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas á apicultura convocadas para o ano 2021, de acordo coa Orde do 14 de maio de 2021 (DOG núm. 99, do 28 de maio de 2021), increméntase no importe de cincocentos setenta e cinco mil vinte e seis euros con noventa céntimos (575.026,90€) da aplicación orzamentaria 14.04.713E.770.2.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 14 de maio de 2021.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias