De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 25 de xuño de 2021
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente |
Denunciado |
Acto de notificación |
MON-PO-0016/2021-REP |
33025847D |
Resolución |
MON-PO-0056/2021-TSA |
35674464S |
Proposta de resolución |
MON-PO-0057/2021-TSA |
35576630T |
Proposta de resolución |
SAN-PO-0042/2021-IA |
35461531Q |
Acordo de incoación |