Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0767/2020-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0767/2020-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento. As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 28 de xuño de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Dirección

PSC-CO-0767/2020-PPM

33282442Q

Proposta

Estrada xeral, 3, 3º, Escarabote, Boiro

PSC-CO-0771/2020-PPM

53480985M

Proposta

Cures, Pumar do Río, 24, Boiro