Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36101

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da convocatoria para a selección dun funcionario/a auxiliar administrativo/a de servizos sociais mediante concurso-oposición libre (OEP de 2020, estabilización de emprego temporal).

Convocatoria para a selección dun funcionario/a auxiliar administrativo/a de servizos sociais mediante concurso-oposición libre (OEP de 2020, estabilización de emprego temporal). Expediente: 249/2020.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 129, do 9 de xuño de 2021 foron publicadas as bases reguladoras do proceso selectivo dun funcionario/a auxiliar administrativo/a de servizos sociais mediante concurso-oposición libre (OEP de 2020, estabilización de emprego temporal, artigo 19.uno.9 LOXE 18).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Guitiriz, 23 de xuño de 2021

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa