Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36402

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Pola Resolución do 18 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 27 de maio), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico/a de grao medio de prevención de riscos laborais, técnico/a superior de prevención de riscos laborais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Finalizados os prazos de reclamación previstos na citada resolución e analizadas as presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de enxeñeiro/a técnico/a, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico/a de grao medio de prevención de riscos laborais, técnico/a superior de prevención de riscos laborais, técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/pola aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo de un mes, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos