De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderase facer efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non se efectuaren o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).
A Coruña, 28 de xuño de 2021
Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: RITGA-E-2020-008091 (ref. AC-135/2020).
Titular: Ricardo Fernández García.
Establecemento: Café bar Excálibur.
Enderezo: avenida de Ferrol, nº 17, baixo.
Localidade: As Pontes de García Rodríguez.
Preceptos infrinxidos: artigo 109.2, alínea a) e artigo 109.2, alínea b), da Lei 7/2011.
Resolución: 8 de xuño de 2021.
Sanción: multa por importe de trescentos euros (300 €).