Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36396

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca proceso selectivo unitario para o ingreso nas prazas de vixilante municipal (código de procedemento PR461E).

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 127, do 6 de xullo de 2021, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 34514, onde di: «7.5. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e na páxina web da Agasp, con dous días de antelación, polo menos, á data sinalada para o seu inicio», debe dicir: «7.5. O anuncio de realización dos exercicios publicarase na páxina web da Agasp, con dous días de antelación, polo menos, á data sinalada para o seu inicio».