Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de xuño de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 8 de maio de 2017, ditada no expediente POL/88/2015-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 4/05/2021, ditou a resolución pola que se resolve o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 8 de maio de 2017, ditada no expediente de reposición da legalidade POL/88/2015-RP1.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a José Manuel Barandela Iglesias, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. A súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística