Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Ferradás II, Carmen III e G.P. I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Ferradás II, Carmen III e G.P. I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 17 de xuño de 2021, Carmen González González solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Ferradás II, Carmen III e G.P. I.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, no seu artigo 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de María del Carmen González González (***0673**), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ferradás II.

Situación:

Cuadrícula nº: 12.

Polígono: E.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 24.4.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carmen III.

Situación:

Cuadrícula nº: 14.

Polígono: D.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.9.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: G.P. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 9.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 26.12.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Carmen González González (***7375**) e Luís González Paredes (***3302**).

Nova titular: María del Carmen González González (***0673**).

A nova titular das concesións subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de xuño de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo