Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36607

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 30 de xuño de 2021 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento (código de procedemento CO400C).

BDNS (Identif.): 574920.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarios destas axudas as asociacións de consumidores que estean legalmente constituídas e inscritas, no momento de publicarse esta resolución no Diario Oficial de Galicia, na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio

Segundo. Obxecto

As axudas reguladas nestas bases teñen por obxecto a realización por parte das asociacións de consumidores inscritas na sección xeral do Rexistro de Organizacións de Persoas consumidoras e usuarias de Galicia dun programa de actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento coas especificidades que se establecen no artigo 2 destas bases.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 30 de xuño de 2021 pola que se convoca e se regula a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021, ás asociacións de consumidores da Comunidade Autónoma de Galicia para actividades de sensibilización, formación e divulgación en materia de sobreendebedamento (código de procedemento CO400C).

Cuarto. Importe

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia concederá axudas ás asociacións de consumidores de Galicia por un importe total de 12.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 06.80.613A.781.0 do orzamento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e rematará cando se esgoten os fondos económicos consignados. En todo caso, finalizará no prazo dun mes contado deade o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2021

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.