Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36612

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 13 de xullo de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo agrupacións profesionais, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19 e para unha persoa aspirante que non puido comparecer por parto.

En sesión que tivo lugar o día 13 de xullo de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo agrupacións profesionais, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición para as persoas aspirantes que tiveron contaxio ou contacto estreito con persoas contaxiadas pola COVID-19 e para unha persoa aspirante que non puido comparecer por parto terá lugar o día 21 de xullo de 2021, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Lémbraselles ás persoas aspirantes que os criterios de corrección, valoración e superación deste primeiro exercicio xa foron establecidos por acordo deste tribunal con data do 1 de xullo de 2021 e que foron publicados na páxina web de Función Pública.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Serán de obrigado cumprimento as normas COVID para o desenvolvemento das probas dun proceso selectivo establecidas no Protocolo de actuacións para a realización de probas dos procesos selectivos das OPE da Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021

Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal