Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36618

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia pola Resolución do 25 de novembro de 2019, á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base VIII da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas, para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/).

Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II da convocatoria (Tramitación electrónica).

O formulario de reclamación deberá especificar a epígrafe ou epígrafes da base V sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública