Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36984

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de revogación da delegación do exercicio das competencias de xestión tributaria da taxa por depuración de augas residuais dos municipios da Comarca de Valdeorras.

O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria realizada o 28 de maio de 2021, aceptou, por unanimidade, a revogación da delegación na Deputación Provincial do exercicio das competencias de xestión tributaria da taxa por depuración de augas residuais dos municipios da Comarca de Valdeorras, de conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e publícase o citado acordo, nos seguintes termos:

«Aceptar a revogación parcial da delegación na Deputación Provincial de Ourense do exercicio das competencias asociadas á xestión tributaria da taxa por depuración de augas residuais dos municipios da Comarca de Valdeorras, mantendo a Deputación Provincial de Ourense as competencias en materia de recadación».

Ourense, 11 de xuño de 2021

Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense