Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36934

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2021 pola que se modifica a Resolución do 16 de marzo de 2021, pola que se convocan a concurso de acceso prazas vinculadas de corpos docentes universitarios, e se abre un novo prazo de presentación de solicitudes para o concurso 2526-V/20.

Segundo o disposto na Resolución desta reitoría, do 16 de xuño de 2021, pola que se resolve a impugnación presentada contra o requisito de titulación (especialidade) para optar á praza 2526-V/20 de entre as recollidas no anexo I da convocatoria publicada pola Resolución do 16 de marzo de 2021, conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso de acceso a prazas vinculadas de corpos docentes universitarios, procede retrotraer o procedemento ao momento oportuno co fin de que a dita convocatoria recolla a posibilidade de que accedan ao concurso da dita praza vinculada tanto os titulados en Odontoloxía como os médicos especialistas en Estomatoloxía, en aplicación do disposto no artigo 6 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, pola que se regulan as profesións sanitarias, no cal se determina que a profesión de dentista poderá ser exercida tanto por titulados en Odontoloxía como por titulados en Medicina coa especialidade de Estomatoloxía.

Por isto, esta reitoría

resolve:

Primeiro. Modificar os requisitos de especialidade para optar á praza 2526-V/20, establecidos no anexo I da convocatoria publicada pola Resolución do 16 de marzo de 2021 (BOE do 29 de marzo), conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso de acceso a prazas vinculadas de corpos docentes universitarios, que queda redactado:

Titulación específica: graduado/a ou licenciado/ en Odontoloxía ou ben especialista en Estomatoloxía.

Segundo. As persoas interesadas en optar á praza vinculada 2526-V/20, do anexo I da convocatoria publicada pola Resolución do 16 de marzo de 2021, conxunta da Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso de acceso a prazas vinculadas de corpos docentes universitarios, deberán presentar a súa solicitude segundo o regulado na dita convocatoria no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela