Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 23 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2020393AECO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2020393AECO incoado a 50416524H.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a Xefatura Territorial, no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 23 de xuño de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2020393AECO

DNI/NIF/CIF: 50416524H.

Último enderezo coñecido: rúa Sant Cruz Marcenado, nº 31-7º, porta 20, 28015 Madrid.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.