Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-469/2021-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-469/2021-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 6 de xullo de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-469/2021-PPM

33299516R

Inicio

Cimadevila, 6, Boiro

PSC-CO-475/2021-PPM

52452351T

Inicio

Quinteiro, 136, Cespón, Boiro

PSC-CO-478/2021-PPM

76779858Q

Inicio

Triñanes, 72, Abanqueiro, Boiro

PSC-CO-483/2021-PPM

52454385X

Inicio

Principal, Edif. Barcelos, P-A-1º D, Boiro

PSC-CO-489/2021-PPM

53481137L

Inicio

Miguel Rodríguez Bautista, 2, 1º, Ribeira