Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea De la Torre IV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea De la Torre IV, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 2 de xuño de 2021, Josefa Rosario Graña Duarte (***6197**) solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea De la Torre IV.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistos os antecedentes citados e de acordo coas consideracións legais e técnicas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Manuel de la Torre Graña (***9036**), Juan Carlos de la Torre Graña (***9039**) e Beatriz de la Torre Graña (***9100**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: De la Torre IV.

Situación:

Cuadrícula número: 41.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 8.11.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Josefa Rosario Graña Duarte (***6197**).

Novos titulares: Manuel de la Torre Graña (***9036**), Juan Carlos de la Torre Graña (***9039**) e Beatriz de la Torre Graña (***9100**).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas da anterior desde o momento de formalización da mellora en escritura pública e, especialmente, subróganse en todas as obrigas contraídas pola transmitente en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205C 2017/2-5, en concepto de subvencións para investimentos no ámbito da acuicultura por importe de 5.250,00 €. Así mesmo, os novos titulares comprométense a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 24 de xuño de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo