Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37236

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da publicación das bases e da convocatoria para a cobertura en comisión de servizos de tres postos de inspector de Policía Local.

No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense encóntranse expostas as bases da convocatoria para a cobertura, en comisión de servizos, de 3 postos de inspector de Policía Local do Concello de Ourense.

O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base terceira, de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense.

Ourense, 14 de xullo de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 8.7.2021)
Armando Ojea Bouzo
Concelleiro delegado de Recursos Humanos