Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditado nun expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 33713).

Tentada a notificación, á persoa interesada que se especifica no anexo, da resolución do recurso de alzada da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Vigo, 7 de xullo de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

33713

AV731029

11.5.2021