Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 22 de xullo de 2021 Páx. 37558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión derivada Oportuna 4086.1.8.1, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense) (clave 2019/0093).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental, do 6 de xullo de 2021, do proxecto de explotación da concesión derivada Oportuna 4086.1.8.1, do concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido por Grupo Casayo, S.A.

Esta declaración de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmatv.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2021

Mª Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático