Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 22 de xullo de 2021 Páx. 37593

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de notificación para o cumprimento da Lei de incendios na parcela con referencia catastral 15090A503000430000AW, situada neste concello.

Intentada a notificación sen que for posible realizala e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o texto íntegro da resolución pola que se ordena a realización dos traballos de xestión da biomasa para a prevención e defensa contra os incendios forestais na parcela con referencia catastral 15090A503000430000AW e propiedade de Pablo Antonio Furelos Toral.

«En virtude do ordenado pola Alcaldía, poño no seu coñecemento que, mediante a Resolución da Alcaldía do 13.5.2021, se ditou o seguinte:

Expediente municipal número 2021/G003/000221.

Tendo coñecemento este concello de que a parcela con referencia catastral 15090A503000430000AW, sita no lugar de Pousada de Arriba, da parroquia de Santa Baia de Vedra, está invadida de maleza e con árbores que incumpren a vixente normativa en materia de prevención de incendios,

Dado que non se dá cumprimento ao disposto no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e nas súas modificacións posteriores no referente á obriga das persoas responsables de xestionar a biomasa vexetal e á retirada de especies prohibidas,

En vista das competencias que me outorga a lexislación de aplicación,

RESOLVO:

Primeiro. Incoar o oportuno expediente e comunicarlle a Pablo Antonio Furelos Toral, como titular da citada parcela, que no prazo de quince días naturais desde que se notifique o contido desta resolución deberá proceder á limpeza da parcela nos 50 metros perimetrais á edificación máis próxima ou ao solo de núcleo, así como retirar nos citados 50 metros todas as especies arbóreas prohibidas pola Lei de incendios e recollidas na DA III (piñeiro, eucalipto, mimosa, etc.).

Así mesmo, aquelas frondosas (carballos) que se encontren a menos de 15 metros da vivenda máis próxima deberán ser retiradas.

Segundo. En caso contrario e segundo o disposto no artigo 53.bis engadido pola Lei 7/2012, de montes de Galicia, na súa modificación da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais, logo dos trámites oportunos, procederase por parte deste concello á imposición de multas coercitivas reiterables e, de ser o caso, á execución subsidiaria, cuxos custos lle serán repercutidos ao infractor. Sen prexuízo, todo isto, da remisión do expediente á Consellería do Medio Rural para a apertura do correspondente expediente sancionador».

Vedra, 25 de xuño de 2021

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde