Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37645

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2021 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento PR450A).

O Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, establecen que esta vicepresidencia e consellería, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, é o departamento encargado de xestionar as competencias que, en materia de protección civil, ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece no seu artigo 10 que lle corresponde á Xunta de Galicia a superior coordinación e dirección da protección civil, a xestión dos servizos que se considere preciso prestar de forma unitaria para todo o territorio galego e a xestión das emerxencias que superen os medios de resposta de que dispoñen as entidades locais.

A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (artigo 25.2 parágrafo f), así como a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia (artigos 80, 81 e 82), determinan que o concello, como entidade básica da organización territorial do Estado, é a vía de participación da cidadanía en diferentes materias tales como a protección civil, as emerxencias e a prevención de riscos.

A Unión Europea incidiu neste campo a través do programa operativo Feder 2014-2020, eixe 5. Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos e prioridade de investimento 5.2. Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes, desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes, a través de melloras de infraestruturas, instalacións e equipamento destinadas á prevención e xestión de riscos, tendo como obxectivo fundamental o desenvolvemento do Plan Emerxe a través dun conxunto de actuacións relacionadas coa actualización dos distintos plans de prevención e seguridade existentes, coa actualización da normativa de protección civil e de emerxencias, así como, coa mellora das infraestruturas e do equipamento na cobertura transfronteiriza.

Este bloque de medidas, co reforzo dos grupos de emerxencia supramunicipais, e o fortalecemento das agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil, en adiante AVPC, permitirá mellorar a capacidade de prevención e reducir os tempos de resposta ante riscos e emerxencias derivados dos diferentes sinistros (incendios forestais, inundacións, etc.) para os efectos de garantir a seguridade de persoas e bens, así como a protección do ambiente. Polo tanto, estamos ante un plan de prevención e mitigación de riscos.

A implementación e execución destes plans e programas implica a necesaria realización de investimentos en equipamentos, instalacións e infraestrutura de prevención e mitigación de riscos.

A Xunta de Galicia ten a obriga de impulsar medidas de xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles co fin de continuar prestando servizos de calidade á cidadanía, optimizando os recursos económicos das administracións mediante fórmulas que permitan a xestión compartida na prestación dos servizos públicos.

Por outra banda, é preciso incentivar tanto a cooperación entre os concellos como os procesos de fusión municipal, voluntariamente concertados, para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal como medida de reorganización que faga posible un aforro de custos e unha xestión máis eficaz.

Neste senso, o artigo 60.2 da Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, indica que as convocatorias públicas de axudas e subvencións da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos entes instrumentais do sector público autonómico destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma deberán primar, na forma que se estableza nas correspondentes bases reguladoras, as solicitudes presentadas conxuntamente por mais dunha entidade local baixo calquera fórmula, como agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar, fronte ás presentadas individualmente.

Pola súa banda, a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece na súa disposición adicional terceira que as entregas de bens, dereitos ou a prestación de servizos adquiridos ou contratados coa finalidade exclusiva de entregalos a terceiros que cumpren os requisitos establecidos nas letras a), b) e c) do artigo 2.1 da referida lei, terán a consideración de subvención en especie e quedarán suxeitas ás previsións desta lei.

No exercicio destas competencias, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo quere establecer con esta orde un instrumento que, adecuándose á normativa xeral vixente, marque as pautas para unha distribución, consonte os criterios de publicidade, obxectividade e concorrencia, dos recursos destinados á mellora e equipamento dos concellos en tarefas de prevención de riscos en emerxencia e protección civil, de acordo cos principios recollidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Estes antecedentes motivaron a adquisición de equipamento de emerxencias, con fondos cofinanciados pola Comunidade Europea a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (Feder) e posteriormente cedidos aos concellos en propiedade, polas ordes do 21 de marzo de 2016 (DOG nº 71, do 14 de abril), Orde do 4 de maio de 2017 (DOG nº 97, do 23 de maio), Orde do 2 de agosto de 2018 (DOG nº 148, do 3 de agosto, e corrección de erros DOG nº 155, do 14 de agosto), Orde do 26 de febreiro de 2019 (DOG nº 54, do 18 de marzo) e Orde do 4 de maio de 2020 (DOG nº 94, do 15 de maio), da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Ao tratarse dunha orde con aplicación de fondos cofinanciados pola Comunidade Europea a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (Feder) estará suxeita á regulamentación comunitaria aplicable ao seu obxecto.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas, polo Decreto 112/2020, do 6 de setembro, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia, no exercicio das facultades que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias aos concellos, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con AVPC, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e a súa convocatoria para o ano 2021.

O procedemento regulado nesta orde habilitarase na Guía de procedementos e servizos co código de procedemento PR450A.

O equipamento que se cederá distribúese nas seguintes liñas de axuda:

Liña 1. 19 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Liña 2. 6 remolques para a atención ás emerxencias.

Liña 3. 26 tendas de campaña para emerxencias.

Liña 4. 8 coitelas para retirada de neve.

Liña 5. 8 esparexedores de sal.

Artigo 2. Crédito

A adquisición do equipamento de emerxencias lévase a cabo mediante subministración por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e foi cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixo 5. Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos, prioridade de investimento 5.2. Fomento do investimento para facer fronte aos riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes, obxectivo específico 5.2.1. Fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluída protección civil, actuación 5.2.1.2. Medidas destinadas á mellora da dotación de equipamentos, instalacións e infraestruturas destinadas á prevención e xestión de riscos nos ámbitos de emerxencias e protección civil, con cargo á aplicación orzamentaria 05 25 212A 624.0 e co código de proxecto 2016 00026 Infraestrutura e equipamento nos ámbitos de emerxencias e protección civil dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Para estes efectos tense tramitado con anterioridade o correspondente expediente de contratación: 2021-SUEI 01-02-03-04-05/EM (núm. de referencia contable (2021-05-00631), procedemento aberto e tramitación ordinaria, por importe de un millón vinte e dous mil seiscentos euros (1.022.600 €), IVE incluído, para a adquisición dos equipamentos sinalados no artigo 1 desta orde.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán solicitar este equipamento os concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos que cumpran as seguintes condicións:

a) Que o solicitante teña unha AVPC con persoal voluntario operativo e asegurado, inscrita no Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a Lei 5/2007, do 7 de maio, e o Decreto 56/2000, do 3 de marzo; ou que tivesen presentada oficialmente a solicitude de inscrición de nova AVPC nel, neste caso queda condicionada a concesión da subvención á efectiva inscrición, segundo se establece no artigo 59 e concordantes do Decreto 56/2000, do 3 de marzo. Esta condición debe cumprirse, como moi tarde, no último día do prazo de presentación de solicitudes.

b) Ter presentadas as contas a que se refire o artigo 208 e seguinte do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2019, no Consello de Contas de Galicia.

c) Que non teñan recibido o mesmo equipamento por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo ou de organismos e entidades adscritas a esta con posterioridade ao 1.1.2015, destinado á prestación dos servizos de protección civil e emerxencias.

Para estes efectos, nunha primeira repartición do equipamento non poderán ser beneficiarios da liña 1 (pick-up) aqueles concellos que recibisen algún tipo de vehículo con posterioridade á data indicada.

Se unha vez asignado o equipamento ás entidades locais, tendo en conta a condición anterior, quedase equipamento vacante, este será asignado a entidades locais que xa o teñan recibido despois do 1.1.2015, de acordo coa puntuación acadada na presente orde. Para estes efectos, no caso da liña 1 (pick-up), darase prioridade aos concellos que non conten con vehículo todocamiño desde a data indicada.

Artigo 4. Iniciación e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Os concellos, individualmente, mancomunados ou agrupados, que desexen acollerse aos beneficios desta orde presentarán a solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior segundo o modelo que figura como anexo I desta orde. A solicitude deberá ir xunto coa documentación complementaria que se establece no artigo 6 desta norma, segundo proceda.

Cada solicitante en función das súas necesidades deberá pedir por orde de preferencia o equipamento das liñas, tendo en conta o dito no punto c) do artigo 3 desta orde, e no seu caso, concederáselle o solicitado ata o límite de existencia de acordo aos seguintes criterios:

a) Para a liña 4 (coitelas para retirada de neve) só poderán ser beneficiarias as entidades locais que figuren no Plan Nega (nevaradas en Galicia), situadas por riba dos 800 m de altitude (ver anexo III Concellos de cota superior a 800 m).

b) Para a liña 5 (esparexedores de sal) só poderán ser beneficiarias as entidades locais que figuren no Plan Nega (nevaradas en Galicia), situadas por riba dos 500 m de altitude (ver anexo IV Concellos de cota superior a 500 m).

c) Na primeira quenda de adxudicación, cada solicitante só poderá obter equipamento dunha liña; unha vez resolta e, de seguir quedando existencias, poderían acceder ao equipamento das outras liñas, seguindo os criterios xa establecidos.

d) Os beneficiarios de equipamento da liña 1 comprométense a aceptar a cesión de terminais TETRA da rede de comunicacións de emerxencias da Xunta de Galicia que, en función das existencias e nun número máximo de tres, poderá ceder esta administración co compromiso por parte das entidades beneficiadas de facerse cargo do seu mantemento.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 5. Solicitudes

As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que se xunta como anexo I (PR450A) a esta orde, onde se aceptan e declaran as seguintes epígrafes:

a) Que a entidade que solicita a subvención en especie acepta as condicións e demais requisitos exixidos nesta orde de convocatoria.

b) Que reflicte o conxunto de todas as axudas concedidas para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta orde, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados e o compromiso de comunicar decontado cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

c) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

d) Que o concello, agrupación de concellos ou mancomunidade de concellos non están incursos en ningunha das prohibicións establecidas nos artigos 10.2 e 10.3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención.

e) Que o concello, agrupación de concellos ou mancomunidade de concellos están ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedores por resolución de procedemento de reintegro.

f) Para os efectos do previsto no artigo 11.e) e concordantes da Lei de subvencións de Galicia, esta declaración será documento suficiente para acreditar que o concello, mancomunidade ou agrupación de concellos están ao día das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e que non son debedores por resolución de procedemento de reintegro.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificado da compañía aseguradora das pólizas subscritas (accidentes e responsabilidade civil) no que conste o número de asegurados que é persoal voluntario de protección civil. No caso de estar incluídos dentro das pólizas de seguro do concello, mancomunidade ou agrupación de concellos, remitirase unha certificación ou declaración do órgano competente do concello ou mancomunidade, na que se indique o número de persoal voluntario de protección civil incluídos dentro das pólizas.

b) Certificado ou declaración dos servizos de emerxencia provinciais ou das entidades locais ao que se refire o artigo 10.2 desta orde.

c) Certificado do/da secretario/a da entidade solicitante da presentación das contas da entidade no Consello de Contas de Galicia, á que fai referencia o artigo 3.b) desta orde. No caso de agrupación de concellos un certificado por cada concello.

d) Certificado do órgano competente da mancomunidade ou agrupación de concellos no que se indique a prestación mancomunada dos servizos de emerxencia e protección civil.

e) No caso de realizar a petición conxunta como agrupación de concellos, a certificación de cada Pleno ou Xunta de Goberno aprobatorio de tal acordo e condicións del.

f) No caso de realizar a petición como mancomunidade ou agrupación de concellos terán que presentar a memoria de aforros de custo e os últimos orzamentos publicados e aprobados, para os efectos da aplicación do artigo 10, punto 3.c).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. A presentación da solicitude leva implícita a autorización para a publicidade, inscrición no rexistro procedente e o tratamento necesario dos datos persoais das persoas beneficiarias para esas finalidades, así como a especificada no artigo 11, por exixencia normativa, segundo se establece no artigo 16 desta orde.

6. O defecto na solicitude ou a falla de documentos complementarios e obrigatorios, seralles notificado por medios telemáticos aos interesados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior que é o órgano competente para a instrución do procedemento e, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, daráselles un prazo improrrogable de dez días para emendar os erros ou omisións.

Transcorrido este prazo e de non producirse a dita emenda, as peticións serán arquivadas conforme o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 7. Comprobación dos datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

c) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

d) NIF da entidade solicitante.

e) Consulta de estar ao día no pagamento coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das administracións públicas.

f) Consulta de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias para a solicitude de axudas e subvencións.

g) Consulta de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Instrución e Comisión de Avaliación

1. Recibidas as solicitudes serán informadas polo órgano instrutor que xunto coa súa correspondente documentación enviaráselle á Comisión de Avaliación, presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ou persoa en quen delegue, e formada polos titulares dos servizos de emerxencias das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, o xefe do servizo de Protección Civil da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e actuando como secretario/a a persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior ou, no seu caso, un/unha funcionario/a da citada dirección xeral con nivel mínimo de xefe/a de servizo, con voz e voto.

2. A referida Comisión fará unha proposta de resolución, tendo en conta os criterios sinalados no seguinte artigo, co número de beneficiarios e conterá unha lista de reserva cara á posible renuncia dalgún beneficiario ou á adquisición de máis material, que será elevada posteriormente ao órgano competente para resolver.

3. Unha vez elaborada a correspondente proposta mediante acta motivada elevarase á persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, quen resolverá.

Artigo 10. Criterios de avaliación e repartición

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva e, para a elaboración da proposta de resolución, teranse en conta os seguintes criterios, que serán valorados segundo a graduación que en cada caso se indica, ata un máximo de 100 puntos:

1. Número de mobilizacións da AVPC no ano 2020 e constatados polo Centro de Atención de Emerxencias 112, sen rexeitamento, referidas a accidentes, incendios, protección civil, salvamento e rescate, incidencias de circulación, riscos, operativos de protección civil e animais ata un máximo de 10 puntos. Tomando como cifra indicativa o dobre da media do conxunto das mobilizacións das solicitudes admitidas, adxudicarase a máxima puntuación aos que estean por riba desta media e a que lle corresponda proporcionalmente ao resto.

2. Mobilizacións das AVPC, efectuadas no 2020, para prestar colaboración noutros concellos en operativos de protección civil ou emerxencias acaecidas, ata un total de 10 puntos.

Como metodoloxía tomarase o total de días nos que a AVPC foi mobilizada en estes operativos de protección civil ou emerxencias acaecidas, multiplicándose polo número total de persoal voluntario que participou neses operativos. Calculando a media das solicitudes admitidas e tomando como cifra indicativa o dobre desta media, adxudicarase a máxima puntuación aos que estean por riba desta media e a que lle corresponda proporcionalmente ao resto.

A xustificación en esta epígrafe realizarase a través dunha certificación dos servizos de emerxencia provinciais, das mobilizacións que teña constancia, ou ben dunha declaración dos/das alcaldes/as ou concelleiros/as, ou por certificado dos/das secretarios/as dos concellos solicitantes da colaboración, na que se reflicta a AVPC participante, o evento, a data de celebración, o número de persoal voluntario mobilizado pola AVPC e o número de días que asistiron.

3. Pola prestación mancomunada do servizo de emerxencia e protección civil por concellos agrupados, asociados, mancomunados ou calquera outra fórmula conxunta, ata un máximo de 30 puntos. Para a valoración deste criterio terase en conta:

a) Pola presentación da solicitude por parte da entidade resultante da fusión, outórganse 10 puntos.

b) Polo número de concellos agrupados ou mancomunados para os servizos de emerxencia e protección civil, ata un máximo de 10 puntos. Outorgarase a maior puntuación ao solicitante con maior número de concellos agrupados ou mancomunados e ao resto a que lle corresponda en proporción.

c) Pola presentación da memoria de aforro de custos respecto da prestación de modo individual do servizo e a súa relación co orzamento total dos concellos que conforman a mancomunidade ou agrupación de concellos, ata 10 puntos.

Para estes efectos a mancomunidade ou a agrupación de concellos presentará, xunto coa memoria económica, onde se xustifiquen claramente os custos derivados de prestar o servizo de xeito individual e conxunto e consecuentemente o aforro conseguido, a certificación dos orzamentos do ano 2021 ou, no caso de non estaren aprobados, a de 2020.

Outorgaranse os 10 puntos ao solicitante co maior índice porcentual entre o aforro de custos e o total do seu orzamento, e ao resto a que lle corresponda en proporción.

d) En calquera caso, outorgarase a puntuación máxima de 30 puntos pola presentación da solicitude por parte de entidades resultantes de fusións municipais.

4. Ratio de número de persoal voluntario de protección civil asegurado acreditado a través da correspondente compañía aseguradora, por risco de accidentes, morte e responsabilidade civil, por cada mil habitantes da entidade solicitante, ata un máximo de 5 puntos. Outorgaráselle a maior puntuación a quen teña unha mellor ratio e ao resto a que lle corresponda en proporción.

A fórmula empregada será a seguinte:

a) Divídese o número de habitantes de cada concello, mancomunidade ou agrupación de concellos por mil.

b) Divídese o numero de persoal voluntario de protección civil asegurados polo resultado anterior e obtense unha ratio.

c) Adxudícase a puntuación máxima á entidade solicitante que teña a mellor ratio e ao resto avalíase de xeito proporcional.

5. O risco potencial de emerxencias, estimado polo Platerga, ata un máximo de 10 puntos. Puntuarase en atención aos tramos seguintes: risco moi alto 10, risco alto 8, risco moderado 6, risco baixo 4 e risco moi baixo 2.

No caso de mancomunidades ou agrupación de concellos, a puntuación asinada será a media do conxunto das puntuacións dos concellos que forman parte da entidade, e no caso de que a cantidade resultante quede en medio de dúas puntuacións, asignaráselle a puntuación maior.

6. Atendendo á poboación do territorio da entidade local, segundo os datos que figuran no Instituto Galego de Estatística o 1.1.2020, ata un máximo de 5 puntos. Outorgarase a maior puntuación ao solicitante con maior poboación e ao resto a que lle corresponda en proporción.

7. Atendendo á extensión do territorio da entidade local, segundo os datos que figuran no Instituto Galego de Estatística do ano 2011, ata un máximo de 5 puntos. Outorgarase a maior puntuación ao solicitante con maior extensión territorial e ao resto a que lle corresponda en proporción.

8. Pola antigüidade da AVPC desde a súa inscrición no Rexistro de AVPC da Xunta de Galicia ata un máximo de 5 puntos, asinados cos seguintes criterios:

• 5 puntos as AVPC inscritas ata o ano 1996 incluído.

• 4 puntos as AVPC inscritas ata o ano 2001 incluído.

• 3 puntos as AVPC inscritas ata o ano 2006 incluído.

• 2 puntos as AVPC inscritas ata o ano 2016 incluído.

9. As AVPC inscritas nos cinco últimos anos, contando o actual, ata 5 puntos, asignados cos seguintes criterios:

1. 3 puntos as AVPC inscritas no ano 2017.

2. 4 puntos as AVPC inscritas nos anos 2018 e 2019.

3. 5 puntos as AVPC inscritas nos anos 2020 e 2021.

10. Mobilizacións das AVPC efectuadas en 2020, en operativos COVID, ata un total de 20 puntos.

A xustificación en esta epígrafe realizarase tendo en conta os operativos COVID rexistrados no formulario en liña que foi habilitado pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior durante o primeiro estado de alarma de 2020 (14.3.2020 a 21.6.2020). As tipoloxías de operativos COVID que foron consignados polas AVPC no formulario son:

• Operativos de colaboración con asuntos sociais na repartición de alimentos e medicamentos.

• Operativos de desinfección en lugares de pública concorrencia.

• Operativos de apoio loxístico a medios de intervención.

• Visitas a persoas que viven soas para comprobar o seu estado.

• Colaboracións coas forzas e corpos de seguridade das medidas de limitación de circulación pola vía pública.

• Operativos de axuda das compras a persoas dependentes.

• Operativos de información a persoas sen teito.

• Operativos de aviso á pobación por megafonía das instrucións ditadas polas autoridades competentes.

Como metodoloxía de cálculo tomarase número de operativos COVID rexistrados polas AVPC. Calcularase a media das solicitudes admitidas e tomarase como cifra indicativa o dobre desta media, adxudicarase a máxima puntuación aos que estean por riba desta media e a que lle corresponda proporcionalmente ao resto.

11. Quedarán excluídas das subvencións aquelas entidades solicitantes con AVPC que teñan menos de 10 mobilizacións no ano 2020 con constancia no Centro de Atención de Emerxencias 112 e aquelas que non acaden o 15 % da puntuación máxima outorgada no total de puntuación, unha vez avaliadas a totalidade das solicitudes.

Como excepción a este punto, os solicitantes con AVPC rexistrada nos seis últimos meses do ano 2020 e no ano 2021, así como aquelas entidades con AVPC que, despois de estar sen funcionamento nos últimos tres anos e sen solicitar ningún tipo de subvención, reactiven a súa actividade, non serán excluídas por non acadar o mínimo exixido de mobilizacións nin por non acadar a porcentaxe respecto da puntuación máxima outorgada.

A constatación da reactivación das AVPC realizarase mediante informe dos servizos provinciais de emerxencias.

No caso das AVPC inscritas en 2021 estarán exentas de achegar outra documentación que a que xa figura no rexistro.

Artigo 11. Resolución, publicación e notificación

1. A resolución adoptarase polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, tendo en conta a proposta que faga a Comisión de Valoración, procedéndose a súa publicación posterior no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, a contía da axuda en especie e as obrigas que corresponden á entidade beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o Documento polo que se establecen as condicións de axuda (DECA).

A aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección General de Fondos Comunitarios do Ministerio de Hacienda, co contido previsto no punto 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. https://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFeder1420/porFeder/Paginas/inicio.aspx

2. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. Na notificación da resolución faranse constar as condicións particulares que deberá cumprir o interesado ao que se lle conceda o equipamento e que se recollen no artigo 12.

8. Transcorridos cinco meses contados desde a publicación desta orde sen que se ditase e notificase resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

9. Contra a resolución de concesión poderá interporse, ante o mesmo órgano, recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á notificación da resolución ou desde o día que se produza o acto presunto.

Así mesmo, poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar a partir do día seguinte á notificación da resolución ou desde o día no que se produza o acto presunto.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados para o mesmo fin, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

10. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións, a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 12. Obrigas dos beneficiarios

a) Os beneficiarios desta axuda quedan suxeitos ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Serán por conta das entidades beneficiarias os gastos do imposto especial sobre determinados medios de transporte, seguros, mantemento, conservación e calquera outro gasto que puidese supoñer a cesión, así como as indemnizacións derivadas de posibles declaracións de responsabilidade civil ou criminal polo uso dos vehículos e demais equipamento, calquera que sexa a súa contía.

c) Compromiso de que o equipamento sexa destinado a misións de protección civil e emerxencias. O incumprimento da obriga de destino referida será causa de reintegro, nos termos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Compromiso da inalterabilidade das condicións tidas en conta para a concesión.

e) O/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos a que se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia tamén enviada por vía telemática. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

f) Achegar unha declaración responsable que recolla os seguintes aspectos:

– Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude, con indicación de que calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá pór tales feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

– Que a entidade solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.

– Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

– Manter os equipamentos subvencionados destinados ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de 5 anos segundo o establecido no artigo 13 das bases reguladoras.

g) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará o organismo intermedio, a autoridade de xestión ou a autoridade de certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

h) Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas e subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados para a mesma fin, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 13. Formalización da cesión

De acordo co disposto na disposición adicional terceira da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entregas de bens ou dereitos ou a prestación de servizos adquiridos ou contratados coa finalidade exclusiva de entregalos a terceiros e que cumpran os requisitos establecidos nas letras a), b) e c) do artigo 2.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, terán a consideración de subvención en especie e quedarán suxeitas ás previsións desta lei.

Para estes efectos, o material adquirido por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e adxudicado aos beneficiarios desta orde está afecto ao cumprimento dunha finalidade de carácter público, polo que ten a consideración de subvención en especie e a súa cesión formalizarase mediante acta subscrita polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, nela debe constar o regulamentado no artigo 12 ao respecto.

No momento de asinar a acta de cesión, os beneficiarios deberán presentar a declaración actualizada do modelo do anexo II asinada polo representante do concello, da mancomunidade ou agrupación de concellos.

Dado que os fondos achegados proveñen do programa de fondos Feder-Galicia 2014-2020, as entidades beneficiarias quedarán obrigadas a cumprir cos requisitos de publicidade establecidos no punto 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, e nos artigos 3 ao 5 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, á presentación de información sobre os instrumentos financeiros, ás características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, ao sistema para o rexistro e o almacenamento de datos e ao mantemento da rotulación do equipamento cedido.

En relación coa publicidade do financiamento, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de información e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional da Xunta de Galicia e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo Feder que dá apoio ao proxecto.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

2. Durante o período mínimo de mantemento dos bens cedidos:

a) Fará unha breve descrición do proxecto no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Xunta de Galicia e da Unión Europea.

b) Colocará un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no cal se mencionará a axuda financeira da Xunta de Galicia e da Unión Europea, nun lugar visible para o público. Un modelo válido deste cartel porase á disposición das entidades beneficiarias da axuda coa acta de entrega dos equipamentos de emerxencias.

Así mesmo, tamén se deben adoptar medidas para garantir a compatibilidade coas políticas comunitarias en materia ambiental, de contratación pública, igualdade de oportunidades e as regras de competencia.

De igual xeito, e de acordo co establecido no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, os concellos, mancomunidades ou agrupación de concellos quedarán obrigados ao mantemento dos bens cedidos un mínimo de cinco (5) anos.

Artigo 14. Reversión dos bens na Comunidade Autónoma

1. Se o equipamento cedido non se aplicase ao fin sinalado ou deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento ou se incumprisen as condicións que se detallan nesta orde, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor dos detrimentos ou da deterioración que experimentasen.

2. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo estará dotada de facultades de vixilancia e control para comprobar o cumprimento das obrigas que comporta a cesión e, de ser o caso, para a resolución dos expedientes de reversión.

Artigo 15. Comunicación de datos á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda

Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda coa finalidade de realizar a xestión, o seguimento, a información, o control, a coordinación e o estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de organismo intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola autoridade de xestión dos programas operativos segundo o disposto no artigo 125, número 2; artigo 140, números 3 ao 5, e anexo XIII, número 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlle á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Disposición adicional. Mancomunidades ou agrupación de concellos

Todos os documentos descritos nos artigos da presente orde, cando o solicitante sexa unha mancomunidade ou agrupación de concellos, estenderaos o seu órgano competente.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento da orde

Facúltase o director xeral de Emerxencias e Interior para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Lexislación aplicable

En todo o non previsto nesta orde rexerá a normativa xeral en materia de subvencións contida na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvenciones de Galicia.

Disposición derradeira terceira. Lexislación como fondo Feder

Ao tratarse dunha orde con aplicación de fondos da Comunidade Europea (Feder), estará suxeita á regulamentación comunitaria aplicable recollida no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello; no Regulamento (UE) 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, na normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos, e na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020, modificada pola Orde HAC/114/2021, do 5 de febreiro.

Disposición derradeira cuarta. Delegación de competencias

De conformidade co previsto na Orde do 29 de decembro de 2017 sobre delegación de competencias (DOG nº 3, do 4 de xaneiro de 2018), delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a competencia para resolver os procedementos de subvención que se inicien en virtude desta orde, así como a subscrición das actas de cesión do equipamento adquirido por parte da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e adxudicado aos beneficiarios desta orde.

Disposición derradeira quinta. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Concellos de cota superior a 800 m

Código do concello

Nome do concello

Provincia

27001

Abadín

Lugo

27002

Alfoz

Lugo

27003

Antas de Ulla

Lugo

27004

Baleira

Lugo

27006

Becerreá

Lugo

27009

Carballedo

Lugo

27011

Castroverde

Lugo

27012

Cervantes

Lugo

27016

Chantada

Lugo

27017

Folgoso do Courel

Lugo

27018

Fonsagrada, A

Lugo

27020

Friol

Lugo

27021

Xermade

Lugo

27024

Incio, O

Lugo

27026

Láncara

Lugo

27029

Meira

Lugo

27030

Mondoñedo

Lugo

27033

Muras

Lugo

27034

Navia de Suarna

Lugo

27035

Negueira de Muñiz

Lugo

27037

Nogais, As

Lugo

27038

Ourol

Lugo

27042

Paradela

Lugo

27043

Páramo, O

Lugo

27044

Pastoriza, A

Lugo

27045

Pedrafita do Cebreiro

Lugo

27046

Pol

Lugo

27047

Pobra do Brollón, A

Lugo

27048

Pontenova, A

Lugo

27050

Quiroga

Lugo

27052

Ribas de Sil

Lugo

27053

Ribeira de Piquín

Lugo

27054

Riotorto

Lugo

27055

Samos

Lugo

27057

Sarria

Lugo

27060

Taboada

Lugo

27062

Triacastela

Lugo

27063

Valadouro, O

Lugo

27065

Vilalba

Lugo

27901

Baralla

Lugo

32001

Allariz

Ourense

32004

Avión

Ourense

32005

Baltar

Ourense

32006

Bande

Ourense

32007

Baños de Molgas

Ourense

32009

Barco de Valdeorras, O

Ourense

32011

Beariz

Ourense

32012

Blancos, Os

Ourense

32014

Bola, A

Ourense

32015

Bolo, O

Ourense

32016

Calvos de Randín

Ourense

32017

Carballeda de Valdeorras

Ourense

32018

Carballeda de Avia

Ourense

32019

Carballiño, O

Ourense

32021

Castrelo do Val

Ourense

32023

Castro Caldelas

Ourense

32024

Celanova

Ourense

32028

Cualedro

Ourense

32029

Chandrexa de Queixa

Ourense

32030

Entrimo

Ourense

32031

Esgos

Ourense

32032

Xinzo de Limia

Ourense

32033

Gomesende

Ourense

32034

Gudiña, A

Ourense

32035

Irixo, O

Ourense

32037

Xunqueira de Espadanedo

Ourense

32038

Larouco

Ourense

32039

Laza

Ourense

32041

Lobeira

Ourense

32042

Lobios

Ourense

32043

Maceda

Ourense

32044

Manzaneda

Ourense

32046

Melón

Ourense

32047

Merca, A

Ourense

32048

Mezquita, A

Ourense

32049

Montederramo

Ourense

32050

Monterrei

Ourense

32051

Muíños

Ourense

32052

Nogueira de Ramuín

Ourense

32053

Oímbra

Ourense

32056

Padrenda

Ourense

32057

Parada de Sil

Ourense

32060

Petín

Ourense

32061

Piñor

Ourense

32062

Porqueira

Ourense

32063

Pobra de Trives, A

Ourense

32066

Quintela de Leirado

Ourense

32067

Rairiz de Veiga

Ourense

32068

Ramirás

Ourense

32070

San Xoán de Río

Ourense

32071

Riós

Ourense

32072

Rúa, A

Ourense

32073

Rubiá

Ourense

32075

San Cibrao das Viñas

Ourense

32076

San Cristovo de Cea

Ourense

32077

Sandiás

Ourense

32078

Sarreaus

Ourense

32080

Teixeira, A

Ourense

32082

Trasmiras

Ourense

32083

Veiga, A

Ourense

32084

Verea

Ourense

32085

Verín

Ourense

32086

Viana do Bolo

Ourense

32087

Vilamarín

Ourense

32088

Vilamartín de Valdeorras

Ourense

32089

Vilar de Barrio

Ourense

32090

Vilar de Santos

Ourense

32091

Vilardevós

Ourense

32092

Vilariño de Conso

Ourense

36001

Arbo

Pontevedra

36009

Cañiza, A

Pontevedra

36013

Covelo

Pontevedra

36016

Dozón

Pontevedra

36018

Forcarei

Pontevedra

36019

Fornelos de Montes

Pontevedra

36020

Agolada

Pontevedra

36024

Lalín

Pontevedra

36025

Lama, A

Pontevedra

36030

Mondariz

Pontevedra

36031

Mondariz-Balneario

Pontevedra

36034

Neves, As

Pontevedra

36047

Rodeiro

Pontevedra

36052

Silleda

Pontevedra

36059

Vila de Cruces

Pontevedra

36902

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

ANEXO IV

Concellos de cota superior a 500 m

Código do concello

Nome do concello

Provincia

15003

Aranga

A Coruña

15007

Baña, A

A Coruña

15010

Boimorto

A Coruña

15011

Boiro

A Coruña

15013

Brión

A Coruña

15018

Capela, A

A Coruña

15020

Carnota

A Coruña

15022

Cedeira

A Coruña

15024

Cerceda

A Coruña

15027

Coirós

A Coruña

15029

Coristanco

A Coruña

15031

Culleredo

A Coruña

15032

Curtis

A Coruña

15033

Dodro

A Coruña

15034

Dumbría

A Coruña

15039

Irixoa

A Coruña

15041

Laracha, A

A Coruña

15042

Lousame

A Coruña

15044

Mañón

A Coruña

15045

Mazaricos

A Coruña

15046

Melide

A Coruña

15047

Mesía

A Coruña

15050

Monfero

A Coruña

15053

Muros

A Coruña

15056

Negreira

A Coruña

15057

Noia

A Coruña

15059

Ordes

A Coruña

15061

Ortigueira

A Coruña

15067

Pobra do Caramiñal, A

A Coruña

15070

Pontes de García Rodríguez, As

A Coruña

15071

Porto do Son

A Coruña

15072

Rianxo

A Coruña

15073

Ribeira

A Coruña

15074

Rois

A Coruña

15076

San Sadurniño

A Coruña

15077

Santa Comba

A Coruña

15078

Santiago de Compostela

A Coruña

15080

Sobrado

A Coruña

15081

Somozas, As

A Coruña

15083

Toques

A Coruña

15084

Tordoia

A Coruña

15086

Trazo

A Coruña

15088

Val do Dubra

A Coruña

15090

Vilasantar

A Coruña

15092

Vimianzo

A Coruña

15093

Zas

A Coruña

15902

Oza-Cesuras

A Coruña

27001

Abadín

Lugo

27002

Alfoz

Lugo

27003

Antas de Ulla

Lugo

27004

Baleira

Lugo

27006

Becerreá

Lugo

27007

Begonte

Lugo

27008

Bóveda

Lugo

27009

Carballedo

Lugo

27010

Castro de Rei

Lugo

27011

Castroverde

Lugo

27012

Cervantes

Lugo

27014

Corgo, O

Lugo

27015

Cospeito

Lugo

27016

Chantada

Lugo

27017

Folgoso do Courel

Lugo

27018

Fonsagrada, A

Lugo

27019

Foz

Lugo

27020

Friol

Lugo

27021

Xermade

Lugo

27022

Guitiriz

Lugo

27023

Guntín

Lugo

27024

Incio, O

Lugo

27026

Láncara

Lugo

27027

Lourenzá

Lugo

27028

Lugo

Lugo

27029

Meira

Lugo

27030

Mondoñedo

Lugo

27031

Monforte de Lemos

Lugo

27032

Monterroso

Lugo

27033

Muras

Lugo

27034

Navia de Suarna

Lugo

27035

Negueira de Muñiz

Lugo

27037

Nogais, As

Lugo

27038

Ourol

Lugo

27039

Outeiro de Rei

Lugo

27040

Palas de Rei

Lugo

27041

Pantón

Lugo

27042

Paradela

Lugo

27043

Páramo, O

Lugo

27044

Pastoriza, A

Lugo

27045

Pedrafita do Cebreiro

Lugo

27046

Pol

Lugo

27047

Pobra do Brollón, A

Lugo

27048

Pontenova, A

Lugo

27049

Portomarín

Lugo

27050

Quiroga

Lugo

27052

Ribas de Sil

Lugo

27053

Ribeira de Piquín

Lugo

27054

Riotorto

Lugo

27055

Samos

Lugo

27057

Sarria

Lugo

27058

Saviñao, O

Lugo

27059

Sober

Lugo

27060

Taboada

Lugo

27061

Trabada

Lugo

27062

Triacastela

Lugo

27063

Valadouro, O

Lugo

27065

Vilalba

Lugo

27901

Baralla

Lugo

27902

Burela

Lugo

32001

Allariz

Ourense

32002

Amoeiro

Ourense

32003

Arnoia, A

Ourense

32004

Avión

Ourense

32005

Baltar

Ourense

32006

Bande

Ourense

32007

Baños de Molgas

Ourense

32008

Barbadás

Ourense

32009

Barco de Valdeorras, O

Ourense

32010

Beade

Ourense

32011

Beariz

Ourense

32012

Blancos, Os

Ourense

32013

Boborás

Ourense

32014

Bola, A

Ourense

32015

Bolo, O

Ourense

32016

Calvos de Randín

Ourense

32017

Carballeda de Valdeorras

Ourense

32018

Carballeda de Avia

Ourense

32019

Carballiño, O

Ourense

32020

Cartelle

Ourense

32021

Castrelo do Val

Ourense

32022

Castrelo de Miño

Ourense

32023

Castro Caldelas

Ourense

32024

Celanova

Ourense

32025

Cenlle

Ourense

32026

Coles

Ourense

32027

Cortegada

Ourense

32028

Cualedro

Ourense

32029

Chandrexa de Queixa

Ourense

32030

Entrimo

Ourense

32031

Esgos

Ourense

32032

Xinzo de Limia

Ourense

32033

Gomesende

Ourense

32034

Gudiña, A

Ourense

32035

Irixo, O

Ourense

32036

Xunqueira de Ambía

Ourense

32037

Xunqueira de Espadanedo

Ourense

32038

Larouco

Ourense

32039

Laza

Ourense

32040

Leiro

Ourense

32041

Lobeira

Ourense

32042

Lobios

Ourense

32043

Maceda

Ourense

32044

Manzaneda

Ourense

32045

Maside

Ourense

32046

Melón

Ourense

32047

Merca, A

Ourense

32048

Mezquita, A

Ourense

32049

Montederramo

Ourense

32050

Monterrei

Ourense

32051

Muíños

Ourense

32052

Nogueira de Ramuín

Ourense

32053

Oímbra

Ourense

32054

Ourense

Ourense

32055

Paderne de Allariz

Ourense

32056

Padrenda

Ourense

32057

Parada de Sil

Ourense

32058

Pereiro de Aguiar

Ourense

32059

Peroxa, A

Ourense

32060

Petín

Ourense

32061

Piñor

Ourense

32062

Porqueira

Ourense

32063

Pobra de Trives, A

Ourense

32064

Pontedeva

Ourense

32065

Punxín

Ourense

32066

Quintela de Leirado

Ourense

32067

Rairiz de Veiga

Ourense

32068

Ramirás

Ourense

32069

Ribadavia

Ourense

32070

San Xoán de Río

Ourense

32071

Riós

Ourense

32072

Rúa, A

Ourense

32073

Rubiá

Ourense

32074

San Amaro

Ourense

32075

San Cibrao das Viñas

Ourense

32076

San Cristovo de Cea

Ourense

32077

Sandiás

Ourense

32078

Sarreaus

Ourense

32079

Taboadela

Ourense

32080

Teixeira, A

Ourense

32081

Toén

Ourense

32082

Trasmiras

Ourense

32083

Veiga, A

Ourense

32084

Verea

Ourense

32085

Verín

Ourense

32086

Viana do Bolo

Ourense

32087

Vilamarín

Ourense

32088

Vilamartín de Valdeorras

Ourense

32089

Vilar de Barrio

Ourense

32090

Vilar de Santos

Ourense

32091

Vilardevós

Ourense

32092

Vilariño de Conso

Ourense

36001

Arbo

Pontevedra

36002

Barro

Pontevedra

36003

Baiona

Pontevedra

36005

Caldas de Reis

Pontevedra

36007

Campo Lameiro

Pontevedra

36009

Cañiza, A

Pontevedra

36010

Catoira

Pontevedra

36013

Covelo

Pontevedra

36014

Crecente

Pontevedra

36015

Cuntis

Pontevedra

36016

Dozón

Pontevedra

36017

Estrada, A

Pontevedra

36018

Forcarei

Pontevedra

36019

Fornelos de Montes

Pontevedra

36020

Agolada

Pontevedra

36021

Gondomar

Pontevedra

36024

Lalín

Pontevedra

36025

Lama, A

Pontevedra

36026

Marín

Pontevedra

36028

Meis

Pontevedra

36029

Moaña

Pontevedra

36030

Mondariz

Pontevedra

36031

Mondariz-Balneario

Pontevedra

36032

Moraña

Pontevedra

36033

Mos

Pontevedra

36034

Neves, As

Pontevedra

36035

Nigrán

Pontevedra

36036

Oia

Pontevedra

36037

Pazos de Borbén

Pontevedra

36038

Pontevedra

Pontevedra

36039

Porriño, O

Pontevedra

36041

Poio

Pontevedra

36042

Ponteareas

Pontevedra

36043

Ponte Caldelas

Pontevedra

36047

Rodeiro

Pontevedra

36048

Rosal, O

Pontevedra

36050

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36052

Silleda

Pontevedra

36054

Tomiño

Pontevedra

36055

Tui

Pontevedra

36057

Vigo

Pontevedra

36058

Vilaboa

Pontevedra

36059

Vila de Cruces

Pontevedra

36060

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36061

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36902

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra