Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37754

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas.

O artigo 89 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, en diante LEPG, establece que o concurso é o procedemento normal de provisión de postos de traballo polo persoal funcionario de carreira e consiste na valoración dos méritos e das capacidades e, de ser o caso, das aptitudes dos candidatos conforme as bases establecidas na correspondente convocatoria.

O artigo 14.2.d) do devandito texto legal atribúe á persoa titular da consellería competente en materia de función pública a competencia para convocar e resolver os concursos de provisión de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

O artigo 90.1 da LEPG establece o concurso ordinario como o procedemento xeral de provisión dos postos de traballo que non teñan establecida outra forma de provisión na relación de postos de traballo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente na relación de postos de traballo cuxa provisión se considera necesaria, esta dirección xeral, en uso das competencias que ten atribuídas, logo de negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal, resolve convocar concurso ordinario de traslados para a provisión dos postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, e do corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, de conformidade coas seguintes bases:

I. Requisitos para a participación.

1. Poderán participar neste concurso:

a) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando transcorresen dous anos desde que accedese ao posto que veña desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación, caso en que non se exixirá permanencia. Non obstante, de acordo co disposto no artigo 90.2 da LEPG, para os efectos de poder participar neste concurso, o persoal funcionario de novo ingreso terá que acreditar en todo caso unha antigüidade mínima de dous anos desde o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Ao persoal funcionario de carreira que accedese a un corpo/escala por promoción interna ou en virtude dun procedemento de integración e permanecese no posto de traballo que desempeñaba computaráselle o tempo de servizos prestados neste posto no corpo/escala de procedencia para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

b) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en situación de excedencia voluntaria por interese particular, despois de transcorrer o período mínimo de permanencia nesta situación.

c) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en situación de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público.

d) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en situación de excedencia por violencia de xénero.

e) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en situación de excedencia por violencia terrorista.

2. Están obrigados/as a participar neste concurso:

a) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontre ao dispor do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo, que estará obrigado a participar e a solicitar todos os postos situados na mesma localidade e en localidades que, de acordo co disposto no artigo 97.5 e na disposición transitoria quinta da LEPG, se atopen a unha distancia de ata 30 quilómetros en relación coa localidade do último posto que ocupou con carácter definitivo ou da localidade do posto a que está adscrito provisionalmente, elección que deberá manifestar expresamente na solicitude de elección de postos a que se refire a base IV.

A relación das localidades segundo o punto de orixe recóllese nas instrucións da Dirección Xeral da Función Pública publicadas no portal da web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública no enderezo web: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procedementos-aplicables-ao-persoal-funcionario-e-ou-laboral/concursos-traslados

O incumprimento desta obriga determinará a declaración da situación de excedencia voluntaria por interese particular (artigo 97 da LEPG). Para estes efectos tomarase como data de referencia a da situación administrativa da persoa concursante no día da publicación da convocatoria do concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.

Ao persoal funcionario de carreira que, cumprindo a obriga establecida no artigo 97.5 da LEPG non obteña praza consecuencia da resolución do concurso, seralle adxudicado pola Dirección Xeral da Función Pública, de oficio e con carácter definitivo, un posto de traballo correspondente ao seu corpo e escala de entre aqueles que quedasen vacantes. A adxudicación realizarase seguindo os criterios mencionados no parágrafo anterior.

Exceptúase do establecido neste punto o persoal de novo ingreso que non teña unha antigüidade mínima de dous anos desde o nomeamento como persoal funcionario de carreira.

O persoal a que se refire esta base I.2.a) poderá solicitar, ademais dos que está obrigado a pedir, calquera outro posto ofertado para o que cumpra os requisitos.

b) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontre adscrito por motivo de saúde ou rehabilitación a un posto de traballo en distinta localidade daquela en que teña o seu destino definitivo, que estará, en aplicación do disposto no artigo 89 da LEPG, obrigado a participar no concurso e deberá solicitar todos os postos situados na mesma localidade do posto a que figure adscrito provisionalmente.

O incumprimento desta obriga determinará o cesamento no posto en que figure adscrito por motivos de saúde ou rehabilitación.

3. Non poderá participar neste concurso:

a) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nomeado con carácter provisional como consecuencia da resolución de procesos selectivos, calquera que sexa a situación administrativa en que se encontre. Este persoal será convocado para elixir destino definitivo tras a resolución do concurso atendendo á orde de prelación obtida no correspondente proceso selectivo.

b) O persoal funcionario de carreira das escalas superior e técnica de finanzas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia suspenso firme, mentres dure a suspensión.

II. Tramitación electrónica.

a) No referente á presentación das solicitudes:

Os trámites relativos á formalización e presentación das solicitudes de participación, os das solicitudes de elección de postos de traballo, os de comprobación dos méritos e requisitos e, de ser o caso, a cobertura do impreso de emenda, deberán realizarse electronicamente:

1. Para participantes en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao Portal do empregado no enderezo electrónico https://portax.xunta.es, para o que se require un certificado electrónico válido, DNI electrónico, tarxeta de empregado público ou acceder co NIF e chave que emprega para acceder á conta de correo corporativo.

2. Para os que se atopen en calquera situación distinta das referidas no punto 1, a través do portal da web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública no seguinte enderezo web: https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/. Deberán dispor dun certificado electrónico válido, tarxeta de empregado público ou con credenciais de acceso de Chave365. Poden darse de alta en Chave365 empregando o procedemento PR001A que se atopa na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR001A

b) No referente á presentación de documentación adicional:

Se a documentación adicional está formada por documentos electrónicos asinados electronicamente e/ou con código de verificación electrónico ou copias electrónicas auténticas, poderá presentarse a través dos seguintes medios:

1. Portal do empregado (Portax) mediante a solicitude de presentación de documentación adicional.

2. Portal corporativo da Dirección Xeral da Función Pública, empregando o procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A

Segundo o establecido no número 4 do artigo 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, no portal web corporativo da Dirección Xeral da Función Pública e no Portal do empregado admitiranse, respectivamente, os sistemas de identificación Chave365 e as credenciais dos directorios corporativos como sistemas de sinatura para a realización dos trámites indicados, garantindo a acreditación da autenticidade da expresión da vontade e consentimento das persoas interesadas.

Con independencia do que se estableza en cada epígrafe desta convocatoria, a documentación requirida que non fose posible entregar de modo electrónico deberá presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral da Función Pública, Servizo de Concursos.

III. Solicitudes de participación no concurso e documentación que se debe achegar.

1. A solicitude de participación atópase dispoñible segundo o indicado na base II de Tramitación electrónica.

As persoas interesadas, despois de acceder á solicitude de participación, deberán cubrir todos os datos que aparecen no formulario e posteriormente validalos, confirmalos e realizar a presentación electrónica seguindo as instrucións que lles proporcione o sistema. Na solicitude de participación deberán incorporar un enderezo de correo electrónico de contacto. Se dispoñen dun enderezo de correo electrónico corporativo coa extensión xunta.gal, xunta.es ou atriga.es, deben proporcionar o dito enderezo.

A solicitude deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o día 30 de agosto de 2021.

O persoal funcionario de carreira integrado en máis dunha escala de finanzas só poderá participar nunha delas, á súa elección, e presentar unha única solicitude. No caso de presentar máis dunha solicitude, só se terá en conta a última.

2. Na solicitude faranse constar os datos persoais e os datos administrativos referentes á súa situación actual e as condicións de participación. Nesta fase do concurso non se poderán solicitar os postos de traballo a que se desexa optar.

De ser necesario presentar documentación adicional, deberá realizarse segundo o establecido na base II de Tramitación electrónica.

3. O persoal funcionario de carreira con algunha discapacidade poderá pedir na súa solicitude de participación a adaptación do posto ou postos de traballo que solicite na fase de elección de postos a que se refire a base IV. Nese caso, coa solicitude de participación deberase achegar obrigatoriamente un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro).

4. Para os efectos previstos na base V.4.3.1, o persoal funcionario de carreira que non teña destino definitivo na mesma localidade en que se sitúa a residencia familiar co seu cónxuxe ou parella de feito ou fillos menores de 16 anos deberá achegar, no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación, a seguinte documentación:

a) Certificado de empadroamento colectivo válido onde conste a identificación dos membros familiares e que acredite unha residencia mínima de tres meses respecto á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.

b) Certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito, de ser o caso.

c) Certificado de nacemento do fillo ou filla menor de 16 anos ou copia auténtica do libro de familia, de ser o caso.

7. Para os efectos previstos na base V.4.3.2, a persoa concursante que fose nomeada coidadora dunha persoa dependente e que non teña destino definitivo na mesma localidade do domicilio desta, deberá achegar, no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación, a seguinte documentación:

a) Resolución do órgano competente en que conste o nomeamento como persoa coidadora con data de efectos.

b) Certificado de empadroamento válido da persoa dependente que acredite unha residencia mínima de tres meses respecto á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.

c) Certificado de fe de vida e estado ou certificado médico que acredite a condición da persoa dependente.

8. Solicitude condicionada: por razóns de convivencia familiar, dúas persoas concursantes que sexan cónxuxes ou parella de feito, no suposto de estaren interesadas nos postos dunha mesma localidade, poderán condicionar a súa petición ao feito de que as dúas obteñan destino nela e, en caso contrario, entenderanse anuladas as peticións efectuadas por ambas.

As persoas concursantes que se acollan a esta petición condicionada deberán facelo constar na súa solicitude de participación. Ademais, deberán achegar no prazo de presentación da solicitude de participación un certificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito.

9. As solicitudes de participación vincularán as persoas solicitantes.

Poderase desistir da solicitude de participación no concurso en calquera momento ata os dez días seguintes ao da publicación das puntuacións provisionais no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo, non se admitirá ningunha desistencia da participación agás erro manifesto do solicitante apreciado pola Administración.

IV. Solicitudes de elección de postos de traballo.

Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo desta resolución.

Rematado o período de presentación de solicitudes de participación (base III), publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo.

As persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo desta convocatoria, aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública, no enderezo
https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

A puntuación mínima requirida para poder adxudicar os postos que se ofertan no anexo desta convocatoria é a que se especifica para cada un deles no citado anexo.

A adxudicación dos postos de traballo efectuarase nun proceso de asignación único que incluirá todas as prazas ofertadas.

As persoas solicitantes só poderán ser adxudicatarias daqueles postos para cuxo desempeño reúnan os requisitos establecidos na correspondente relación de postos de traballo. A adxudicación dun posto de resultas estará condicionada a que o dito posto sexa de necesaria cobertura.

Con independencia do establecido na base I.2, relativa á obrigatoriedade de participación, entenderase que desisten da solicitude de participación no concurso todas aquelas persoas que formulasen unha solicitude de participación pero non presenten unha solicitude de elección de postos de traballo.

De acordo co disposto na base I.2, o persoal funcionario de carreira que se encontre ao dispor do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo estará obrigado a participar e a solicitar todos os postos situados na localidade e localidades que, de acordo co disposto no artigo 97.5 e na disposición transitoria quinta da LEPG, se atopen a unha distancia de 30 quilómetros en relación coa localidade do último posto que ocupou con carácter definitivo ou da localidade do posto a que está adscrito provisionalmente. Esta elección de localidade deberá manifestarse expresamente na solicitude de elección de postos de traballo.

A solicitude de postos de traballo deberá presentarse electronicamente, segundo o establecido na base II de Tramitación electrónica.

Para a elección dos postos de traballo, despois de premer na epígrafe da modalidade de solicitude, as persoas concursantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla, validalos e confirmalos.

Na dita solicitude deberán indicarse por orde de preferencia os postos a que se opta no concurso, podendo combinar e intercalar os inicialmente ofertados no anexo cos potenciais de resultas. Estes últimos corresponderanse con postos de traballo cuxo sistema de provisión fose o concurso ordinario e que estivesen ocupados con carácter definitivo por aquelas persoas participantes que obteñan un posto de traballo como consecuencia da adxudicación do concurso.

As solicitudes de elección de postos de traballo vincularán as persoas solicitantes.

V. Valoración de méritos.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

1. Antigüidade (servizos prestados nas administracións públicas):

Por cada mes de servizos como persoal funcionario: 0,02 puntos.

A puntuación máxima na base V.1 será de 7,5 puntos.

Para estes efectos, computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos nas administracións públicas.

2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

Os méritos que se especifiquen para cada posto de traballo desta resolución valoraranse do seguinte modo:

2.1. Por cada mes de servizos da experiencia adquirida coa condición de persoal funcionario que, de ser o caso, se especifique para cada posto de traballo: 0,02 puntos.

A puntuación da epígrafe 2.1 non poderá superar 3,2 puntos.

2.2. Por estar en posesión da titulación académica que se menciona especificamente: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha delas.

2.3. Por estar en posesión do nivel de coñecementos da lingua estranxeira que se especifique para o posto de traballo, acreditado segundo o Marco europeo común de referencia para as linguas (MERC): 1 punto. No caso que se mencione máis dun idioma, só se valorará un.

2.4. Por estar en posesión do permiso de conducir valorable para o desempeño do posto de traballo: 0,75 puntos.

As distintas epígrafes da base V.2 non se valorarán como mérito cando figuren como requisito imprescindible para acceder ao posto.

A puntuación máxima na base V.2 será de 3,5 puntos.

3. Grao persoal:

Polo nivel 16 de grao consolidado e formalizado: 1,9 puntos.

Por cada unidade de nivel que exceda o 16: 0,15 puntos.

A puntuación máxima na base V.3 será de 4 puntos.

No suposto de que o persoal funcionario de carreira non teña recoñecido ningún grao persoal ou este sexa inferior a 16, para os efectos de puntuación nesta epígrafe, computarase o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis do subgrupo a que pertenza a persoa funcionaria.

4. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido desde o último posto obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

4.1. Traballo desenvolvido:

4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de persoal funcionario nos distintos subgrupos.

4.1.2. A determinación da puntuación realizarase a partir do sumatorio das puntuacións parciais obtidas no desempeño dun ou máis postos de traballo de cada nivel de destino como consecuencia de aplicar a seguinte fórmula.

Traballo desenvolvido = (T1×P1 + T2×P2 +... + Tn×Pn)

Onde:

– Ti amosa o tempo total de traballo desenvolvido nun nivel de destino concreto (i) expresado en meses (teranse en conta meses de 30 días).

– Pi amosa a puntuación asignada ao nivel de destino (i) segundo o seguinte criterio:

Polo nivel de destino 10: 0,001 puntos.

Por cada unidade de nivel de destino que exceda o 10: 0,001 puntos, ata un máximo de 0,020 puntos.

O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do funcionario.

4.2. Tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo:

Por cada mes de servizos de tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala desde o que participa: 0,015 puntos. Exceptúanse os períodos de tempo que non sexan computables de acordo coa LEPG.

Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.

Ás persoas que se atopen na situación de adscrición provisional regulada no artigo 97.1 da LEPG, para os efectos da base V.4.2, computaráselles o tempo transcorrido desde a adxudicación do último posto definitivo no corpo/escala desde o que participan.

4.3. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

4.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique a residencia familiar da persoa concursante, co seu cónxuxe ou parella de feito ou fillos menores de 16 anos, sempre que non teña destino definitivo nesa mesma localidade. Esta circunstancia xustificarase documentalmente no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación.

4.3.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o domicilio da persoa dependente respecto da cal a persoa participante fose nomeada coidadora. Esta circunstancia xustificarase documentalmente no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación.

Para os efectos do disposto nas epígrafes 4.3.1 e 4.3.2, a puntuación outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo e entenderase por localidade da residencia familiar ou domicilio da persoa dependente tanto o concello en que efectivamente radique como os concellos limítrofes.

4.3.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ao persoal funcionario que estea gozando ou gozase nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes dunha excedencia por coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia apreciarase de oficio.

A puntuación da epígrafe 4.3.3 non poderá superar os 0,6 puntos.

A puntuación máxima da base V.4 será de 5,5 puntos.

5. Cursos de formación e perfeccionamento:

Valorarase a superación de cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), Instituto Galego de Estatística, Instituto Nacional de Estatística, Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, Centro de Estudos Monetarios e Financeiros do Banco de España, outros organismos de estatística públicos autonómicos, estatais e internacionais, escolas oficiais de formación do Estado e das restantes comunidades autónomas, cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (AFEDAP) e os cursos impartidos polas organizacións sindicais, sempre que estivesen homologados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Neste punto quedan incluídos os de contido en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero, así como os de prevención de riscos, seguridade e saúde laboral.

Para os efectos de puntuación desta epígrafe consideraranse valorables as probas de avaliación de carácter libre organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

Así mesmo, serán obxecto de valoración os cursos impartidos polo Colexio de Rexistradores da propiedade, mercantís e bens mobles de España que versen sobre as seguintes materias:

– Imposto de sucesións e doazóns.

– Procedemento tributario.

– Os contratos e a súa fiscalidade.

– Urbanismo e fiscalidade autonómica.

– Procedemento sancionador en materia tributaria.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de persoal funcionario.

Para cada curso de duración igual ou superior a 8 horas lectivas valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 2 puntos por curso.

A puntuación máxima da base V.5 será de 4 puntos.

6. Grao de coñecemento do idioma galego.

– Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou Celga 5: 2,75 puntos.

– Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3,5 puntos

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións validadas polo órgano competente de acordo coa Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG nº 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), e pola Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegos.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.

A puntuación máxima da base V.6 será de 3,5 puntos.

7. Polo subgrupo a que pertence o/a funcionario/a e desde o cal participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:

– Subgrupo A1: 4 puntos.

Subgrupo A2: 3,25 puntos.

8. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

Todos os méritos recollidos na base V se computarán ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso.

En caso de empate nas puntuacións, acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes desta base. De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido e, de ser igual, polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2021 (DOG nº 24, do 5 de febreiro). En último lugar, a igualdade dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

VI. Xustificación da posesión de méritos e requisitos.

1. Os méritos e os requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso, concretamente o día 30 de agosto de 2021.

2. No mesmo prazo que se indica no primeiro parágrafo da base IV, relativa á solicitude de elección de postos de traballo (15 días hábiles), as persoas concursantes poderán consultar os méritos e requisitos que figuran no Rexistro Central de Persoal para a súa baremación no concurso de traslados, segundo o exposto na base II de Tramitación electrónica.

1º. No suposto de estar conforme cos datos consultados, a persoa interesada non necesita facer ningún trámite adicional.

2º. En caso de desconformidade con algún dos datos por erróneos ou incompletos, a persoa interesada deberá corrixir os datos erróneos ou incorporar a información que considere oportuna e xerar o impreso de emenda segundo o establecido na base II de Tramitación electrónica.

Xunto co impreso de emenda as persoas interesadas achegarán a documentación adicional xustificativa das modificacións propostas para que as unidades correspondentes emitan a oportuna certificación segundo o modelo que estableza a Dirección Xeral da Función Pública, validando, de consideralo procedente, os cambios realizados.

O impreso de emenda e a documentación adicional deberán presentarse segundo o indicado na base II de Tramitación electrónica e dirixirse ás respectivas unidades dependendo da situación administrativa desde a cal participen:

a) Aqueles participantes na situación administrativa de servizo activo deberán dirixirse á unidade de persoal de que dependa o posto que ocupan na data de inicio do prazo de xustificación de méritos.

b) Aqueles participantes noutra situación administrativa distinta da de servizo activo deberán dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública.

O prazo para expedir a dita certificación será de corenta e cinco días hábiles contado desde o día de apertura do prazo de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e xustificación de méritos.

Cando a unidade correspondente expida a certificación, enviaralla á persoa concursante ao enderezo de correo electrónico introducido na solicitude de participación. A persoa interesada, despois de recibir a súa certificación de méritos, deberá presentala electronicamente segundo o indicado na base II de Tramitación electrónica.

O prazo para presentar esta certificación será de cincuenta días hábiles contado desde o día de apertura do prazo de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e xustificación de méritos. No caso de que a unidade encargada da certificación de méritos non a remita, a persoa participante deberá presentar a xustificación de que a solicitou no prazo establecido.

3. A participación no concurso implica a conformidade para a valoración de oficio dos méritos e requisitos que figuran no Rexistro Central de Persoal na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.

Non obstante, se a persoa concursante presenta un impreso de certificación de méritos de acordo co procedemento establecido nos parágrafos anteriores, serán eses os que teña en conta a comisión de valoración do concurso para a adxudicación dos postos de traballo solicitados. Calquera dato omitido non poderá ser invocado para os efectos de futuras reclamacións, nin considerar por tal motivo lesionados os seus intereses e/ou dereitos.

4. Calquera impreso certificación que non reúna os requisitos ou que a persoa interesada enviase fóra do prazo establecido considerarase non presentado, agás no suposto establecido no último parágrafo na base VI.2.

VII. Lista de persoas admitidas e excluídas.

1. Rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, en que se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas.

2. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar o defecto que motivase a exclusión, de ser o caso. O formulario de reclamación deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II de Tramitación electrónica.

Transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

VIII. Comisión de valoración.

1. A valoración dos méritos alegados polas persoas concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada pola comisión de valoración que prevé o artigo 12 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, coa composición establecida nel. Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e será nomeada polo órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse por maioría dos seus membros.

2. A comisión poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores para aquelas tarefas que o requiran; o órgano convocante procederá ao seu nomeamento.

3. A proposta de adxudicación dos postos de traballo ofertados recaerá sobre o/a concursante que obtivese maior puntuación conforme o baremo establecido na base V, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base V.8.

4. Despois de efectuar a proposta de valoración provisional dos méritos, esta farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Contra a mencionada resolución as persoas concursantes poderán formular as oportunas reclamacións no prazo de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación. O formulario de reclamación deberá cubrise e presentarse electronicamente segundo o establecido na base II de Tramitación electrónica.

O formulario de reclamación deberá concretar a epígrafe ou epígrafes da base V sobre as cales se interpón a reclamación, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

5. Examinadas e resoltas pola comisión as reclamacións presentadas, elevarase proposta definitiva de resolución do concurso. A convocatoria resolverase por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Función Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada unha das persoas concursantes.

A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos entenderanse implícitas na resolución pola cal se resolva o concurso.

IX. Adxudicación de destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos nos que poderán optar entre os postos adxudicados, estando obrigados a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo dos tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abren prazos posesorios.

2. Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

X. Toma de posesión.

A toma de posesión en todos os postos adxudicados como consecuencia da resolución do concurso efectuarase a partir da data que se faga constar na resolución deste e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 24 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

XI. Recursos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Posto

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Adm. púb./áreas func.

Denominación
do posto

Cons.

Centro directivo

Centro de destino

Conc..

Titulacións requiridas

Formac. específica

Obs.

(1)

1

FC.A20.00.001.15770.016

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Plans Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia

Área de Inspección Tributaria

15770

3.900

2

FC.A20.00.002.15770.010

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia

Área de Xestión

Tributaria

15770

3.900

3

FC.A20.00.003.15770.015

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia

Área de Colaboración Social, Información e Asistencia

15770

3.900

4

FC.A29.10.000.15001.008

16

A2

XMF1

AXG

Posto base subgrupo A2

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación A Coruña

15001

3.900

5

FC.A29.10.000.15001.112

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación A Coruña

15001

3.900

6

FC.A29.10.000.15001.113

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación A Coruña

15001

3.900

7

FC.A29.10.000.15001.161

27

A1

XSF1

AXG

Xefatura de Unidade de

Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación A Coruña

15001

5.500

8

FC.A29.10.000.15001.168

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Subxefatura Unidade de

Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación A Coruña

15001

3.900

9

FC.A29.10.000.27001.009

20

A1

XSF1

AXG

Posto base subgrupo A1

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Lugo

27001

5.500

10

FC.A29.10.000.27001.095

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Lugo

27001

3.900

11

FC.A29.10.000.32001.009

20

A1

XSF1

AXG

Posto base subgrupo A1

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

5.500

12

FC.A29.10.000.32001.011

16

A2

XMF1

AXG

Posto base subgrupo A2

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

13

FC.A29.10.000.32001.090

24

A2

XMF1

AXG

Técnico/a tributario/a

subgrupo A2

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

14

FC.A29.10.000.32001.092

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

15

FC.A29.10.000.32001.094

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

16

FC.A29.10.000.32001.096

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

17

FC.A29.10.000.32001.120

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

18

FC.A29.10.000.32001.135

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Subxefatura Unidade de

Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

19

FC.A29.10.000.32001.136

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Subxefatura Unidade de

Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

20

FC.A29.10.000.32001.165

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Ourense

32001

3.900

21

FC.A29.10.000.36001.003

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Pontevedra

36001

3.900

22

FC.A29.10.000.36001.086

24

A2

XMF1

AXG

Técnico/a tributario/a

subgrupo A2

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Pontevedra

36001

3.900

23

FC.A29.10.000.36001.087

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Pontevedra

36001

3.900

24

FC.A29.10.000.36001.131

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Subxefatura Unidade de

Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Pontevedra

36001

3.900

25

FC.A29.10.000.36001.166

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Pontevedra

36001

3.900

26

FC.A29.10.000.36560.008

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

27

FC.A29.10.000.36560.015

16

A2

XMF1

AXG

Posto base subgrupo A2

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

28

FC.A29.10.000.36560.180

24

A2

XMF1

AXG

Técnico/a tributario/a

subgrupo A2

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

29

FC.A29.10.000.36560.181

24

A2

XMF1

AXG

Técnico/a tributario/a

subgrupo A2

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

30

FC.A29.10.000.36560.184

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

31

FC.A29.10.000.36560.225

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Subxefatura Unidade de

Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

32

FC.A29.10.000.36560.226

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Subxefatura Unidade de

Inspección

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

33

FC.A29.10.000.36560.261

25

A1/A2

XMF1, XSF1

AXG

Xefatura de Equipo

FC

Axencia Tributaria de Galicia (servizos

periféricos)

Delegación Vigo

36560

3.900

34

FC.C03.00.002.15770.012

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Contabilidade

15770

3.900

35

FC.C03.00.002.15770.027

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Contabilidade

15770

3.900

36

FC.C03.00.003.15770.007

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Técnico/a de Auditoría

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios

e Subvencións

15770

3.900

37

FC.C03.00.003.15770.008

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Técnico/a de Auditoría

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios

e Subvencións

15770

3.900

38

FC.C03.00.003.15770.009

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Técnico/a de Auditoría

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Auditoría de Fondos Comunitarios

e Subvencións

15770

3.900

39

FC.C03.00.004.15770.013

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Técnico/a de Auditoría

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público

15770

3.900

40

FC.C03.00.004.15770.015

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Técnico/a de Auditoría

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público

15770

3.900

41

FC.C03.00.004.15770.025

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Técnico/a de Auditoría

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público

15770

3.900

42

FC.C03.00.007.15770.008

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autonoma

Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e Barbanza-Servizo de Auditoría

15770

3.900

43

FC.C03.00.011.15770.007

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza

15770

3.900

44

FC.C03.00.012.15770.007

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Facenda

15770

3.900

45

FC.C03.00.013.15770.011

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

15770

3.900

46

FC.C03.00.015.15770.007

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Economía, Emprego e Industria

15770

3.900

47

FC.C03.00.015.15770.025

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Economía, Emprego e Industria

15770

3.900

48

FC.C03.00.016.15770.007

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

15770

3.900

49

FC.C03.00.017.15770.015

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Cultura e Turismo

15770

3.900

50

FC.C03.00.018.15770.007

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Sanidade e do Sergas

15770

3.900

51

FC.C03.00.030.15001.013

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de

Sección III

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Territorial A Coruña

15001

3.900

52

FC.C03.00.030.27001.013

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de

Sección II

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Territorial Lugo

27001

3.900

53

FC.C03.00.030.36560.012

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de

Sección III

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Territorial Vigo

36560

3.900

54

FC.C03.00.031.27001.005

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos-Servizo de Auditoría

27001

3.900

55

FC.C03.00.031.36001.005

25

A1/A2

XMF2, XMF2

AXG

Xefatura de Sección

FC

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés-Servizo de Auditoría

36001

3.900

56

FC.C04.00.002.15770.016

25

A1/A2

XMF, XSF

AXG

Técnico/a financeiro/a

FC

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

S. X. de Recursos e Análise Orzamentaria

15770

3.900

57

FC.C04.00.003.15770.007

25

A1/A2

XMF, XSF

AXG

Técnico/a financeiro/a

FC

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

S. X. de Programación Financeira do Sector Público Autonómico e de Seguimento de Políticas de Gasto

15770

3.900

58

FC.C04.00.004.15770.007

25

A1/A2

XMF, XSF

AXG

Analista de custos de persoal I

FC

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

S. X. de Custos de Persoal

15770

3.900

59

FC.C04.00.004.15770.016

25

A1/A2

XMF, XSF

AXG

Analista de custos de persoal

FC

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

S. X. de Custos de Persoal

15770

3.900

(1) Puntuación mínima requirida para adxudicar o posto ofertado.

Código

Concello

15001

A Coruña

15770

Santiago de Compostela

27001

Lugo

32001

Ourense

36001

Pontevedra

36560

Vigo

Código

Administración/áreas funcionais

AXG

Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia

Código

Corpo/escala

XMF

XSF

XMF1

XSF1

XMF2

XSF2

Escala técnica de finanzas

Escala superior de finanzas

Escala técnica de finanzas especialidade Inspec. e Xestión Financ. e Tribut.

Escala superior de finanzas especialidade Inspec. e Xestión Financ. e Tribut.

Escala técnica de finanzas especialidade Contabilidade e Intervención

Escala superior de finanzas especialidade Contabilidade e Intervención