Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Taboadela (expediente IN407A 2021/50-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado pola enxeñeira técnico industrial Eva Pérez Boullón, colexiada número 2.790 do Coiti Santiago, en abril de 2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada en data 23.4.2021.

Solicitante: Cobra Instalaciones y Servicios S.A.; CIF: A46146387.

Domicilio: rúa Cardenal Marcelo Spinola, número 10, 28016 Madrid.

Denominación: LMTS e CS de compañía en Taboadela.

Situación: lugar da Lameira, Taboadela (Ourense).

Orzamento: 45.434,14 €.

Características técnicas:

• LMTS con E/S no centro de seccionamento (CS) proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, de 60 m de lonxitude, con orixe en arqueta existente anexa a apoio con paso A/S da LMT SCV810 e final no CS proxectado de compañía.

• CS en edificio prefabricado de formigón, anexo ao centro de medida de ADIF, 3L+P+SS.AA, con illante en SF6; dúas das celas son telecontroladas, coa seguinte situación en coordenadas UTM, fuso 29, X: 599.072, Y: 4.678.866.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 8 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense