Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 22 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se realiza a publicidade da resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes da sondaxe Outariz 77 no Espazo termal de uso lúdico de Burgas de Canedo, no termo municipal de Ourense.

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 9 de xuño a resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais no Espazo termal de uso lúdico Burgas de Canedo cos seguintes datos:

Solicitante: Concello de Ourense.

Nome da sondaxe: Outariz 77.

Sección: B.

Recurso: augas termais.

Coordenadas: ETRS89, fuso 29: X: 589.147 e Y: 4.688.872.

Termo municipal: Ourense.

O que se fai publico de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta,gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 22 de xuño de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense