Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de xullo de 2021 polo que se notifica a incoación e o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/47/2018.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o 6 de maio de 2021, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade, por actuacións dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da Lanzada, termo municipal do Grove (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da incoación aos interesados con documento nacional de identidade número 44833097W e 36034346Q, mediante o presente anuncio e, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados a devandita incoación e prego de cargos, mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da incoación e o prego de cargos que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística