Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta entidade (expediente 2020/99/27 e dezanove máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas, que a seguir se relacionan, para seren notificadas das resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil, e demais normativa de aplicación, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio dos interesados.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se lles terá por notificadas ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra as resolucións recaídas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 8 de xullo de 2021

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 216/2020, do 3 de decembro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Efectos xurídicos

Data da

resolución

AKK135110

2020/99/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

13.4.2021

34322854-T

2020/99/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

13.4.2021

2020/100/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

12.4.2021

2020/101/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

12.4.2021

Pedro Pablo Brea Galarza

2020/101/27

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

12.4.2021

33330134Y

34305815G

2005/257/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

7.1.2021

X7821321X

2014/307/36

Modificación de medida administrativa

23.3.2021

Y4013419W

2018/136/27

Establecemento de medida administrativa

12.3.2021

34882135J

2015/134/27

Cesamento de recurso

13.4.2021

Y7931300V

2020/159/27

Establecemento de medida administrativa

22.1.2021

54386170W

2017/171/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

4.3.2021

32807001P

34317332K

2017/108/27

Concesión de recurso

8.3.2021

33332214Q

2015/79/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

12.4.2021

33537267R

2007/235/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

13.4.2021

2007/234/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

13.4.2021

33558835H

2007/234/27

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

13.4.2021

C01186833

2021/46/27

Modificación de medida administrativa

28.4.2021

X5999309N

2011/187/27

Concesión de recurso

30.4.2021

33333796B

2007/111/27

Denegación de medida e arquivamento

3.5.2021

X4937017K

2019/69/27

Modificación de medida administrativa

2.3.2021

2019/70/27

Modificación de medida administrativa

2.3.2021

2019/92/27

Modificación de medida administrativa

2.3.2021

Y1575149-P

2019/82/27

Modificación de medida administrativa

26.2.2021