Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de trámites de audiencia respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Val-Bermés-Sello (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o domicilio descoñecido, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín, Pontevedra, rúa Polideportivo, nº 1, baixo (teléfono 886 15 94 52), das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación terase por producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 12 de xullo de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

1

Luisa Romeu Meijome, hdros.

Notificación trámite de audiencia

1

María Romeu Meijome, hdros.

Notificación trámite de audiencia

7

35153387A

Notificación trámite de audiencia

11

32397480W

Notificación trámite de audiencia

11

2651683

Notificación trámite de audiencia

32

33308201S

Notificación trámite de audiencia

79

35325938P

Notificación trámite de audiencia