O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu punto 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Recollendo esta asunción de competencia exclusiva, aprobouse a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se pretende a plena efectividade do feito e dereito deportivo na nosa comunidade autónoma.
No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 34 da lei establece que, independentemente da clasificación xeral de deportistas de alto nivel e das medidas que se establecen na lexislación do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá realizar unha clasificación propia de deportistas galegos de alto nivel, de acordo coas federacións deportivas galegas, para os efectos do ámbito galego, e que será publicada no Diario Oficial de Galicia, aos cales lles serán de aplicación os beneficios que se establecerán regulamentariamente.
En desenvolvemento da citada Lei do deporte, o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, e a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base, e os criterios deportivos para o recoñecemento dos núcleos de adestramento deportivo especializado, atribuíndo, así mesmo, á Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo de base, que elevará a proposta de resolución á persoa titular do órgano competente en materia de deporte a relación de deportistas galegos de alto nivel.
En consecuencia, atendendo á proposta enviada, con data do 14 de xullo de 2021, pola referida comisión, na súa reunión de valoración, esta secretaría xeral
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a relación de deportistas que cumpren os criterios para seren recoñecidos/as como deportistas de alto nivel de Galicia, de alto rendemento e rendemento deportivo de base, que se relacionan no anexo I desta resolución e que, en consecuencia, gozan dos beneficios que para tal consideración se atribúan.
Segundo. Publicar a relación das solicitudes desestimadas e a causa, que se relacionan no anexo II desta resolución.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta secretaría xeral, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, no xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela 14 de xullo de 2021
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte
ANEXO I
Deportistas recoñecidos/as de alto nivel, alto rendemento,
rendemento deportivo de base de Galicia e técnicos
Apelidos |
Nome |
DNI |
Modalidade/federación |
Recoñecemento |
|
1 |
Docarmo Silva |
Carlos |
***2218** |
Fútbol |
Alto nivel |
2 |
Lago Cobas |
Nerea |
***2536** |
Remo |
Alto nivel |
3 |
Mella Boullón |
David |
***9224** |
Fútbol |
Alto nivel |
4 |
Pérez Campo |
Álvaro |
***2413** |
Fútbol |
Alto nivel |
5 |
Pérez Méndez |
Hugo |
***4653** |
Balonmán |
Alto nivel |
6 |
Santos Orge |
Alba Itziar |
***5542** |
Halterofilia |
Alto nivel |
7 |
Suárez Corral |
Brais |
***5411** |
Fútbol |
Alto nivel |
8 |
Virulegio Niño |
Daniel |
***2942** |
Balonmán |
Alto nivel |
ANEXO II
Solicitudes desestimadas e a causa
Apelidos |
Nome |
DNI |
Modalidade/federación |
Causa |
|
1 |
Corral Alonso |
Alberto |
***0152** |
Orientación |
Non acadar mérito deportivo |
2 |
Gómez Pérez |
Diego |
***4737** |
Fútbol |
Non acadar mérito deportivo |
3 |
González Bermejo |
Alejandro |
***3596** |
Fútbol |
Non acadar mérito deportivo |
4 |
Martínez Delgado |
Alejandro |
***9848** |
Fútbol |
Non acadar mérito deportivo |
5 |
Ochoa Ruíz |
Martín |
***7937** |
Fútbol |
Non acadar mérito deportivo |
6 |
Pereda Franco |
Adrián |
***0394** |
Fútbol |
Non acadar mérito deportivo |