Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMTA ALB 803 apoio D38-23, no concello do Carballiño, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e ao ser infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios dos predios que se sinalan no anexo, xa que son descoñecidos, a seguir publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMTA ALB 803 apoio nº D38-23, no concello do Carballiño, na provincia de Ourense, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 13 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO.

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado o no notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/6-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Termo municipal: O Carballiño.

Denominación da instalación: regulamentación LMT ALB801 apoio nº D38-23.

Predio nº: 1.

Lugar: Contos de Arriba.

Referencia catastral: 32020A049004640000RL.

Titular: descoñecido.

Fecha: 29.9.2021.

Hora: das 13.00 ás 13.05.

Lugar: concello do Carballiño.

Predio nº: 2.

Paraxe: O Castiñeiro.

Referencia catastral: 32020A049009070000RP.

Titular: descoñecido.

Fecha: 29.9.2021.

Hora: das 13.05 ás 13.10.

Lugar: concello do Carballiño.

Predio nº: 3.

Paraje: O Castiñeiro.

Referencia catastral: 32020A049004100000RD.

Titular: descoñecido.

Fecha: 29.9.2021.

Hora: das 13.10 ás 13.15.

Lugar: concello do Carballiño.