Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de funcionario da Policía Local mediante concurso en quenda de mobilidade (OEP de 2019).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 140 de data do 22 de xuño de 2021 foron publicadas as bases reguladoras do proceso selectivo de 1 funcionario de policía local mediante concurso de méritos (OEP de 2019).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas mesmas.

Guitiriz, 28 de xuño de 2021

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa