Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a instalación dunha planta de compostaxe da Sociedade Galega do Medioambiente, S.A., Sogama, no concello de Vilanova de Arousa, Pontevedra (expediente 2021-IPPC-I-38).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, sométese a información pública, durante un período de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– «Proxecto básico para a solicitude de autorización ambiental integrada. Xullo 2021».

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medioambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-I-38.

Peticionaria: Sociedade Galega do Medioambiente, S.A. (Sogama).

CIF: A15379803.

Enderezo social: lugar de Morzós, 10, baixo (As Encrobas-Cerceda).

Localización da instalación: 7 parcelas no quinteiro M 5 (M 5.6 a M5.12), parque empresarial Baión I (Vilanova de Arousa I), no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Actividade: planta de compostaxe con capacidade de 22.000 t/ano.

Descrición: o obxecto do proceso será a obtención dun fertilizante de alta calidade clasificable segundo o Real decreto 506/2013, do 28 de xuño, sobre produtos fertilizantes, como grupo 6; emenda orgánica, compost. Este material obterase a partir da fracción orgánica dos residuos sólidos urbanos recollida separadamente.

Verteduras: proxéctase un proceso biolóxico para a depuración dos lixiviados logo de vertedura acorde cos parámetros establecidos para a conexión á rede de saneamento consistente nunha depuradora compacta tipo SBR (reactor biolóxico secuencial, proceso de lodos activados).

A rede de saneamento é separativa. A rede de fecais do parque empresarial conéctase á rede municipal preexistente, a cal conduce á EDAR situada no porto de Tragove (Cambados).

A rede de pluviais conéctase coa rede municipal preexistente ata un depósito de tormentas e un desareador-desengraxador, situados previo ao punto de vertedura ao Rego de Baión.