Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Cortegada (expediente IN407A 2021/78-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado núm. 482 do COITI de Ourense, en novembro de 2020, e con visado nº V200458 do 1.12.2020, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Concello de Cortegada.

Enderezo: rúa Otero Novás, nº 1; 32200 Cortegada (Ourense).

Denominación: LMTS, CT urbanización do parque empresarial de Cortegada, polígono-1.

Situación: Concello de Cortegada.

Orzamento: 145.146,64 €.

Características técnicas:

– LMTS de 20 kV con E/S no centro de transformación (CT) proxectado, de 182 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3x1x240 mm2 Al; ten a súa orixe en apoio existente, matrícula ARXC15N1//62-12 da LMT de UFD FRI801, coordenada UTM, fuso 29, X: 568.462, Y: 4.671.560, e o seu remate no CT proxectado.

– CT tipo prefabricado, de 630 kVA de potencia aparente e r/t 20.000/400-230 V, con celas en SF6: 2L+P, e illamento en aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previas e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 7 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense