Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/199-4).

A instalación denominada reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 15 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 29 de outubro de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 8 de xullo de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforma BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

m2 subsolo

m2 servidume de paso soterrada

Concello

1

54057A151000890000BZ

Cepos

Agrario

Adelina Fernández Caldeiro

1

1,44

2

0,20

Vigo

2

54057A151000980000BY

Cepos

Agrario

Olga García Dios

2

3,24

17

56,90

7

9,97

Vigo

3

54057A150000410000BR

Sistro

Agrario

Descoñecido

3

1,44

Vigo