Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de xullo de 2021 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/132/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 16 de xuño de 2021, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na instalación de dúas edificacións prefabricadas, unha caravana, un remolque de camión frigorífico e depósitos de materiales, en el lugar de Ponte Bora, parroquia de Santa Mariña de Bora, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Carlos Augusto Pereira, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación o citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística