Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de inicio do expediente de clausura dos cemiterios parroquiais de Muros e da Virxe do Camiño.

Mediante Providencia da Alcaldía, do 29 de marzo de 2021, iniciouse expediente para a clausura dos cemiterios parroquiais de Muros e da Virxe do Camiño. En consecuencia, exponse ao público cunha antelación de tres meses, mediante a publicación no BOP, no DOG e nun xornal dos de maior circulación no municipio, co obxecto de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno e afín aos seus intereses, de conformidade co artigo 31 do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.

Durante o referido período, o expediente poderá ser examinado nas dependencias da Secretaría Municipal, das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.

Muros, 18 de xuño de 2021

María Inés Monteagudo Romero
Alcaldesa