Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38637

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2021.

Mediante a resolución da Alcaldía do 20.7.2021 aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2021 para o Concello de Tui, e as prazas que se ofertan son as seguintes:

Persoal funcionario:

Grupo/subgrupo

Clasificación

Denominación

Nº de prazas

Quenda

C1

Escala de administración especial, subescala servicios especiais

Oficial policía local

1

Promoción interna

C1

Escala de administración especial, subescala servicios especiais

Policía local

5

4 prazas en libre

1 praza mobilidade

Contra o presente acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpor os seguintes recursos:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da presente publicación, se non se interpuxer o de reposición. De se interpor este último, o prazo de dous meses empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpor o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o rexeitamento por silencio administrativo.

Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Tui, 21 de xullo de 2021

Enrique Cabaleiro González
Alcalde