Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 30 de xullo de 2021 Páx. 38797

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2021 pola que se modifica a composición da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Unha vez presentada a renuncia do vogal titular da comisión de funcionarización que desenvolverá os procesos de funcionarización convocados ao abeiro do establecido no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia mediante o seu cambio de vínculo xurídico, nomeado pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Víctor Gallego Víncent como vocal titular.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular a María Eugenia de Pascual Grasa, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, que figuraba como vogal suplente; e nomear como vogal suplente a José Luis Montero Senra persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Terceiro. A modificación realízase para todos os procedementos de funcionarización convocados e pendentes de finalización, e para todos aqueles que se convoquen con posterioridade.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública