Mediante a Resolución do 2 de marzo de 2021 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade para o ano 2021.
Trátase das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento dos seguintes programas:
a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B), financiado co PO FSE Galicia 2014-2020.
b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (procedemento SI435A), financiado co PO FSE Galicia 2014-2020.
c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B), financiado con fondos propios da Comunidade Autónoma.
d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (procedemento SI435C), financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
De acordo co establecido no artigo 2º da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:
Programa-Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe 2021 |
Importe 2022 |
Total |
Fomento da conciliación (SI435B) |
11.02.312G.460.1 |
2021 00061 |
1.475.000 |
0 |
1.475.000 |
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) |
11.02.313B.460.0 |
2021 00063 |
500.000 |
0 |
500.000 |
Apoio aos CIM (SI427B) |
11.02.313B.460.0 |
2015 00144 |
3.359.894 |
1.600.000 |
4.959.894 |
Sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C) |
11.02.313D.460.1 |
2018 00112 |
500.000 |
0 |
500.000 |
Total |
5.834.894 |
1.600.000 |
7.434.894 |
Ao existiren remanentes na mesma convocatoria e na convocatoria anterior, e logo das correspondentes modificacións orzamentarias, co fin de poder amparar as solicitudes do Programa de fomento da conciliación (SI435B) que quedaron en lista de espera por terse esgotado o crédito inicialmente destinado a estas axudas, estímase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada, a través do suposto previsto na alínea b) do artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 2.2 da Resolución do 2 marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
De conformidade cos devanditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.
En consecuencia co anteriormente exposto, e de acordo co previsto no Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero, nos termos establecidos na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia, no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia; así mesmo, segundo o establecido na disposición adicional primeira do mencionado Decreto 2015/2020, correspóndelle á Secretaría Xeral da Igualdade a aprobación das bases, da convocatoria e as resolucións en materia de axudas e subvencións, así como a administración dos créditos para gastos do seu respectivo ámbito de competencia,
DISPOÑO:
Artigo único
1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista no artigo 2.1 da Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, para o programa de Fomento da Conciliación (SI435B),
2. O incremento da dotación será de 375.818,43 euros con que se atenderían todas as solicitudes que quedaron en lista de espera do Programa de fomento da conciliación (SI435B), con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.312G.460.1, no código de proxecto 2021 00061, coa denominación fomento da conciliación e da corresponsabilidade, consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
3. O crédito dispoñible para atender as axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade convocadas no ano 2021 previstas na Resolución do 2 de marzo quedaría así establecido en 7.456.162,99 €, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:
Programa- Procedemento |
Aplicación |
Cód. proxecto |
Importe 2021 |
Importe 2022 |
Ampliación anualidade 2021 |
Total |
Fomento da conciliación (SI435B) |
11.02.312G.460.1 |
2021 00061 |
1.475.000,00 |
-- |
375.818,43 |
1.850.818,43 |
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) |
11.02.313B.460.0 |
2021 00063 |
500.000,00 |
-- |
-- |
500.000,00 |
Apoio aos CIM (SI427B) |
11.02.313B.460.0 |
2015 00144 |
3.005.344,56 |
1.600.000,00 |
-- |
4.605.344,56 |
Sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (SI435C) |
11.02.313D.460.1 |
2018 00112 |
500.000,00 |
-- |
-- |
500.000,00 |
Total |
5.480.344,56 |
1.600.000,00 |
375.818,43 |
7.456.162,99 |
4. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 11.1 da Resolución do 2 de marzo de 2021 nin supón o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2021
Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade