O 18 de maio de 2021 a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021720AE-PO contra a persoa titular do DNI 39511802X.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante este anuncio se lle notifica á persoa titular do DNI 39511802X o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Advírteselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 16 de xullo de 2021
Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 2021720AE-PO.
DNI da persoa denunciada: 39511802X.
Último enderezo coñecido: camiño Padín, 27, 36216 Vigo.
Feito imputado: suposta infracción do previsto no:
• Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
• Artigo 6.2 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
• Decreto 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
2. Queda restrinxida a entrada e saída de persoas do ámbito territorial dos seguintes concellos, considerados individualmente:
4. Da provincia de Pontevedra:
s) Vigo.
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.g) da Lei 8/2008, de 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 1/2018, do 2 de abril: «O incumprimento, por simple neglixencia, dos requisitos, obrigacións ou prohibicións establecidas na normativa sanitaria, así como calquera outro comportamento, a título de imprudencia ou inobservancia, sempre que se produza alteración ou risco sanitario e este sexa de escasa incidencia».
Sanción proposta: trescentos euros (300 €).