Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021077AE-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 24 de maio de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021077AE-LU, incoado á persoa que se sinala no anexo.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, a persoa interesada ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio. Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 19 de xullo de 2021

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 136/2019, do 10 de outubro; DOG núm. 208, do 31 de outubro)
Enrique Rodríguez Diez
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº de expediente: 2021077AE-LU.

DNI da persoa interesada: 47961035D.

Último enderezo coñecido: Portobarroso, 3, San Cobade, 27810 Vilalba.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: 41.g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG núm. 143, do 24 de xullo).

Tipificación provisional: unha infracción leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).