De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia da resolución de rectificación de erros do recurso de alzada contra as bases que os afecta.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 14 de xullo de 2021
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Interesados |
Acto notificado |
Zona de reestruturación parcelaria |
76504803H |
Resolución de rectificación de erros do recurso de alzada |
Fisteus (Curtis-A Coruña) |
78783067V |
Resolución de rectificación de erros do recurso de alzada |
Fisteus (Curtis-A Coruña) |