Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) para ser notificado por comparecencia dunha resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia da resolución do recurso de alzada contra as bases que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 15 de xullo de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de reestruturación parcelaria

XDA02856

Resolución de recurso de alzada

Fisteus (Curtis-A Coruña)